Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Lembras como aprendiche a montar en bicicleta? O máis importante era gardar o equilibro. Unha vez acadado isto, podías pedalear cómodamente, para que as rodas xirasen e a bici avanzara.

Iso é precisamente o que pasa cando escolles a comida axeitada. Cando por fin consigues un equilibrio entre a cantidade e o tipo de alimentos que consumes, todos os órganos do teu corpo realizan a súa misión e o organismo funciona de forma eficaz.

Seguir ao pe da letra os 10 trucos que te propoñemos, axudarache a estar sempre sano e en forma. É tan fácil como montar en bicicleta… unha vez que consigues manter o equilibrio.

 

1. Comer é divertido… ¡Disfruta a comida!

Unha forma estupenda de disfrutar das comidas é facelo en compañía da familia e os amigos, en casa ou no colexio. Resulta interesante observar qué escollen os demáis: Que comen os teus amigos? Probas alimentos diferentes todos os días? Votalle un vistazo ao que levas na bolsa da merienda ou ao que tes no teu plato de comida Cantos tipos de froitas e verduras distintos ves?

 

2. O almorzo é unha comida importante

Igual que os coches, os autobuses e os trens non poden correr senón teñen combustible, os nosos corpos necesitan enerxía para funcionar. Despois de pasar toda unha noite durmindo, os niveis de enerxía do noso corpo son baixos. Así pois, comeza o día cun bo almorzo, xa sexa para ir ao colexio ou para dar unha volta durante a fin de semana. Os carbohidratos axudaranche! Proba a almorzar pan, unha tostada, ou cereais, leite, froita ou iogur.

 

3. Procura comer alimentos variados durante o día. A receita para manterse sano é a variedade

Para gozar de boa saude, tes que inxerir a diario máis de 40 nutrientes distintos (como as vitaminas e os minerais). Como non existe un alimento que os conteña todos, é moi importante que selecciones cada día unha variedade de alimentos que sexa equilibrada. En realidade, non existe comida boa nin mala, así que non tes por qué renunciar á que te gusta. A mellor forma de levar unha dieta equilibrada, consiste en comer todos os días distintos tipos de alimentos.

 

4. Que alimento vai gañando? Fai dos carbohidratos a base da túa alimentación

Aproximadamente a metade das calorías da túa dieta debería provir de alimentos ricos en carbohidratos, como cereais, arroz, pasta, patatas e pan, así que non está de máis que incluas como mínimo un deles en cada comida. Proba o pan integral, a pasta e outros cereais, que aportarante moita fibra. Intentache facer pan ti mesmo? É divertidísimo e cheira que alimenta!

 

5. Choca eses cinco! Come froita e verdura en cada comida, e tamén entre horas!

A froita e a verdura son os alimentos máis ricos en vitaminas, minerais e fibra. Todos deberíamos tratar de comer ao menos 5 racións diarias. Por exemplo, un zumo de froita no almorzo, unha mazá ou un plátano entre horas e dous tipos de verdura nas comidas. Con iso xa temos o total. Cantas variedades podes distinguir no supermercado? Por que non probas algunhas novas?

 

6. Detalles sobre as grasas. O exceso de grasas non é bo para a saúde

Comer moitos alimentos grasos (como as patatas fritas, a carne e as salchichas fritas, as tartas e os dulces) pode ser malo para o noso corpo. Modera tamén as grasas para untar no pan, como a mantequilla e as margarinas. Aínda que fai falla algo de grasa para obter todos os nutrientes que necesitamos, temos que comer con moderación eses alimentos para non perder o equilibrio da nosa alimentación. De modo que, se a comida do mediodía é a máis ben grasa, intenta comer algo lixeiro, baixo en grasas, cando cenes en casa.

 

7. A merenda está servida! Come á hora indicada e cambia con frecuencia o que picas entre horas

Aínda que comas con regularidade ao longo do día, hai veces nos que te entra fame entre as comidas, sobre todo si fixeche moito exercicio físico. Os tentempiés ou aperitivos poden enganar a fame, pero non deben nunca substituir ás comidas, senón servir só de complemento. Existen multitude de alimentos para picar a túa disposición. Podes escoller entre un iogur, froitas frescas ou desecadas, barritas de verduras (por exemplo, de apio ou de cenoiras), noces sen sal, tortas de arroz ou, quizáis, unha torada de pan de froitas ou un pouco de pan con queso. De forma ocasional, quizá prefiras patatas fritas u outros tentempiés envasados en bolsas, unha chocolatina, un trozo de pastel ou galletas. Sexan cales sexan as túas preferencias, lembra que sempre é bo escoller tentempiés variados para manter unha dieta equilibrada.

 

8. Sacia a sede. Bebe canto poidas

Sabías que máis da metade do teu peso é auga? Polo tanto, ademáis de aportarlle ao corpo todos os alimentos que necesita a diario para estar en forma, tes que beber un mínimo de 5 vasos de líquido ao día. É moi importante beber suficientemente para evitar a deshidratación, sobre todo cando fai calor ou cando practicas moito exercicio. Polo xeral, aínda que non sempre é o caso, o teu corpo te comunicará que necesita líquidos facendo que sintas sede. A auga é a bebida por excelencia: tanto a do grifo como a mineral (a normal ou a de sabores, con ou sen gas). Os zumos de froita, o té, os refrescos, a leite e as demáis bebidas tamén poden ser unha opción, de vez en cando.

 

9. Coida os teus dentes! Cepíllate os dentes ao menos dúas veces ao día

Cepíllate os dentes ao menos dúas veces ao día. Comer demasiado frecuentemente durante o día alimentos ricos en azúcar ou almidón (fécula) pode contribuir á aparición de caries. Así que, non te pases todo o día comendo chucherías e bebendo refrescos! Os chicles sen azúcar poden axudarte a manter os teus dentes sanos, pero a mellor maneira de conservar unha sonrisa espléndida consiste en lavarse os dentes dúas veces ao día cunha pasta de dentes con flúor. Ademáis, despois do cepillado nocturno, non debes comer nada e beber únicamente auga.

 

 10. Móvete! Fai exercicio a diario

Ao igual que as bicicletas se oxidan senón as empregas con frecuencia, os teus músculos e osos necesitan que os manteñas activos. O exercicio é indispensable para manter en forma o corazón e fortalecer os osos. E pode resultar moi divertido. Procura realizar algún tipo de exercicio cada día, como ir camiñando ao colexio, ou subir as escaleiras deprisa. Tamén os xogos que practicas no recreo, como o fútbol ou saltar á corda, son un bo entrenamento. A natación é un dos deportes máis beneficiosos para a saúde.
<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/vbpkvTvqhvI" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This