O Plan de Acción Titorial é a planificación das actividades que son propias dos profesores/as- titores/as. O departamento de orientación elabora o plan de acción titorial en colaboración cos titores, deseñando as estratexias e criterios xerais que deberán orientar o labor de tódolos profesores/as-titores/as ao longo do curso e aportando información e material que dende a realidade educativa se demande. A titoría como elemento inherente a función docente implica unha relación individualizada co alumno/a na estrutura e dinámica das súas actitudes, aptitudes, coñecementos e experiencias de distintos ámbitos educativos. Co desenvolvemento da función titorial a educación vai máis alá dunha mera instrucción ou transmisión de coñecementos ó aportar un enfoque integral e personalizado.Todo este proceso de axuda ou orientación ao profesor-titor levarase a cabo en coordinación có resto dos profesores/as, có equipo directivo e coas familias.
“Lo fundamental de todo proceso pedagógico es el aprendizaje y no la enseñanza. Es el aprendizaje del estudiante y su participación el logro deseado.” (UNESCO, 1995)
A Atención á Diversidade é un principio que debe rexir toda a ensinanza impartida nun Centro Escolar, a fin de ofrecer á totalidade do alumnado unha educación axeitada as súas características e necesidades específicas. Nalgúns casos estas serán permanentes e noutras temporais ou transitorias. En todos os casos, o sistema educativo –a través dos Centros Escolares- debe procurar medidas flexibles, que se adecuen ás diferencias individuais e ritmos de maduración de cada un dos alumn@s. Así pois, e en cumprimento da lei 1 para o Centro e o profesorado, na súa función de mediación entre o currículo e o alumnado, será obxectivo preferente ofrecer propostas educativas diversas, dentro e fora das aulas, ofrecendo diversas oportunidades que faciliten a cada escolar acadar os seus propios obxectivos formativos. Este axuste implica articular de maneira dinámica modificacións dun currículo que se propón potenciar a igualdade nas oportunidades formativas para compensar desigualdades persoais, familiares e sociais.
Este Plan de Orientación Académica- Profesional será o documento no que plasmaremos todas as actuacións que se levarán a cabo para axudar aos nosos alumn@s a escoller o seu proxecto de vida académico-profesional. Trátase de facilitarlles a información, os medios, os recursos e os instrumentos necesarios para tomar decisións sobre o seu futuro académico e profesional de maneira autónoma, responsable e realista. Esta orientación é unha tarefa que non so se debe circunscribir á etapa de secundaria. Xa desde a educación infantil e primaria estamos orientando aos nosos alumn@s neste sentido, axudándolles a coñecerse a sí mesmos, a valorar cuáles son as súas cualidades e aptitudes e a tomar decisións baseadas nun proceso de reflexión. En definitiva, estamos dotándolles dos instrumentos necesarios para o traballo posterior que se desenvolverá nas seguintes etapas e que describimos neste plan. O modelo que propoñemos por tanto supón un desenvolvemento continuado e lonxitudinal que abarca todas as etapas aínda que cun nivel maior de concreción na educación secundaria e prestando especial atención a certos momentos clave na toma de decisións.
Nestes últimos anos saltou a actualidade o tema do acoso escolar ou bullying, aparecendo informacións nos medios de comunicación verdadeiramente preocupantes sobre a intensidade deste problema nas aulas. Aínda que a maioría destas informacións refírense a alumnado da E.S.O., o certo é que segundo estudos realizados a nivel estatal, aparecen problemas importantes de bullying xa en nenos e nenas de 8 anos. O informe Cisneros é un claro exemplo. Parece totalmente necesario que os centros educativos, incluídos os Colexios de Educación Infantil e Primaria, adopten as medidas necesarias de prevención e de detección rápida de posibles casos de maltrato entre iguais para poder actuar en consecuencia. Asemade, tamén parece importante a elaboración dun protocolo de actuación ante o Bullying, que sexa coñecido por tódolos implicados nesa actuación e que se aplique cada vez que se teña coñecemento dun posible caso sen perda de tempo. Este protocolo debe ser sinxelo na súa aplicación, pero contundente nos seus efectos, de xeito que non poida pasar sen ser detectado ningún caso de acoso.
No Art. 6º d do Decreto 120/1998, DOG 27/4, aparece como competencia do Departamento de Orientación:“ Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos e as alumnas”.
Si ata agora Galicia era terra de emigrantes, hoxe en día estase a converter tamén en terra de inmigración, sendo moitas as persoas que están a vir de tódalas partes do mundo na procura dun bo presente e dun mellor futuro para eles e para os seus. Tal e como se desprende dos estudos feitos sobre o alumnado pertencente a minorías étnicas ou procedente do estranxeiro no noso Colexio, a maioría deste alumnado vén dos países americanos de fala hispana, sendo maioritario Brasil. Tamén temos no noso Colexio alumnos/as de Portugal, Colombia, Perú….. En Ponteareas calcúlase que hai sobre 500 inmigrantes colombianos, o que supón un número moi importante, si ademais temos en conta que a maioría das familias inmigrantes son novas e en idade de reprodución, é de esperar que ano a ano o aumento de alumnado pertencente a estes colectivos sexa moi grande. Isto supón que haxa que prever unha forma nova de atención para eles que leve a unha integración total na nosa sociedade.
Polo que dito alumnado necesita da aplicación dun Programa de atención que conteña tódalas medidas e procedementos de actuación que, respectando a lexislación vixente,se debe aplicar a este alumnado.
Cal é o papel que xogan as emocións na vida das persoas? Que aportan as emocións no rendemento e á motivación dos alumnos e alumnas? Por que algunhas persoas teñen maior éxito nas relacións interpersoais e na súa vida persoal e profesional? Por que unhas son máis capaces que outras de enfrentar contratempos ou superar obstáculos e ven as dificultades da vida de maneira diferente? Por que algunhas persoas destacan na habilidade que lles permite relacionarse ben con outros, sen que necesariamente destaquen pola súa intelixencia?
O ingreso dos nen@s na escola supón para eles un gran cambio, polo que se fai necesaria a planificación conxunta por parte da familia e a escola do chamado periodo de adaptación, tempo que require cada nen@ para asimilar a súa introducción no colexio. O principal obxectivo neste proceso é a progresiva separación familiar sen traumas, por tanto, é fundamental o establecemento duns horarios, metodoloxía e actividades específicas para supéralo con éxito.
A Violencia de Xénero é un dos grandes problemas da nosa sociedade do cal debemos concienciar aos nosos alumn@s desde Educación Infantil. A violencia é algo que se adquire e non unha cualidade e non unha cualidade coa que se nace, é dicir, o agresor ou maltratador faise, non nace. Por iso, temos a obriga de educar aos nosos alumn@s a recoñecer as acción violentas, non soamente físicas senón tamén psicolóxicas e saber actuar ante ditas situación coa finalidade de motivalos a cambiar esta realidade na que vivimos. Para acadar este obxectivo, teremos que achegarnos ao entorno no que se moven (hobbies, películas,cancións…)para traballalas na aula e conciencialos de que son persoas violentas en potencia e que deben cambiar as súas actitudes para acadar unha sociedade onde se fomenten as relacións igualitarias e se abandone a violencia.
O cambio de centro escolar, normalmente afecta ao rendemento académico dos neñ@s. Se o cambio de colexio se produce por unha razón educacional, é dicir, para buscar centros de maior calidade ou que se adapten mellor ao método de aprendizaxe dos nen@s, o rendemento académico tende a mellorar, mentras que si o cambio de centro se produce por algunha razón distinta ás anteriores, é dicir, por cuestións de traballo dos pais ou divorcios, poden perxudicar e incidir negativamente na aprendizaxe dos nen@s, na súa conduta e comportamento ou na súa relación cós demáis nen@s e mestres. Isto sucede cando o nen@ non está conforme con este cambio ou non se ve capacitado, amosando unha actitude de rexeitamento.
A capacidade dun nen@ para integrarse nun ambiente novo depende da súa forma de ser, pero tamén de cómo se desenvolven as pautas da súa adaptación. Sair do colexio que xa coñecían e integrarse nun ambiente novo, con compañeiros aos que non viron nunca, con normas distintas que hai que aprender e nun lugar descoñecido, non é fácil
É moi importante definir e articular o modelo de convivencia que queremos para o noso Centro, porque iso nos obriga a ir más alá das sensacións, das conversas e das discusións que temos en torno a este problema, e que modulan en gran parte o a gusto ou a disgusto que nos sentimos no mesmo. E é necesario facelo sen quedarse na superficie, aceptando toda a complexidade que presenta un fenómeno con moitos matices, con moitas aristas e moitos factores que hai que ter en conta, e cuxa simplificación levarianos a perder de vista a realidade.
O noso Plan de Convivencia intenta dar unha resposta á preocupación común que todos os miembros da comunidade escolar sentimos por articular unha convivencia grata no Centro. E o facemos desde a convicción de que todo centro educativo ten unha dobre dimensión: é un espacio de aprendizaxe e tamén é un lugar onde se practica a convivencia.
Así, pois, a finalidade última do noso Plan de Convivencia é recoñecer a profunda interrelación que teñen as dúas dimensións da aprendizaxe e da convivencia para acadar un concepto integral de educación onde os coñecementos, habilidades, técnicas e actitudes teñan tanto peso como o respecto, a tolerancia, a solidaridade e o compromiso co ben común.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es