Seleccionar página

 

 

 

 

 

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

Xeralmente a escola centrouse fundamentalmente en transmitir unha serie de contidos conceptuais, pero actualmente faise necesario ensinar tamén unha serie de valores persoais e sociais que permitan ao noso alumnado desenvolverse nunha sociedade como na que viven, en constante cambio. Xa Rubies (1980) opinaba que non podemos educar sen principios educativos e sen valores, porque senón, a vida do home non tería senso.

Por iso, é necesario que desde a Educación Infantil, eduquemos nuns valores básicos para a convivencia, que contribuan a fomentar o respecto, o diálogo e a sensibilización ante os problemas, tanto na aula coma na sociedade. Si nós como mestres non educamos estes valores, os nosos alumn@s poderían chegar a sentirse inadaptados, presentar unha desarmonía, escolar, afectiva e laboral, etc. Ademáis, a influencia dos medios de comunicación, podería chegar a modificar as condutas e hábitos nos nen@s.

Sería perxudicial que as familias non tivesen unha implicación cós nen@s e a escola, porque a efectividade educativa sería menor. Tanto a familia como a escola, como axentes educadores, é preciso que teñan unha boa colaboración e comunicación da información relevante dos nen@s porque isto favorecerá unha educación integral dos mesmos.

Preguntámonos moitas veces por qué é importante e necesario que eduquemos aos nosos alumn@s a través dos valores. Educar aos nosos alumn@s para que aprendan a dar valor a algunhas condutas e comportamentos lles axudará a convivir de mellor maneira e a sentirse ben no ambiente no que se atopen. Valores como a amizade, a comprensión, a tolerancia, a paciencia, a solidaridade e o respecto, son esenciais para un sano desenvolvemento dos nen@s. Un nen@ que coñece o límite do outro, poderá vivir unha vida sana e saudable, sexa no seu entorno familiar ou escolar. Un nen@ que sabe respectar aos demáis, será máis fácilmente respectado, e así con todo.

Os valores son as regras de conduta e actitudes según as cales nos comportamos e que están dacordo con aquilo que consideramos correcto. Ao nacer, os nen@s non son nin bos nin malos. Coa axuda dos seus pais, educadores e dos que conviven con eles, aprenderán o que está ben e o que está mal dicir, facer, actuar, vivir.

A nosa sociedade necesita, hoxe máis que nunca, persoas con sólidos valores para crear xuntos un futuro no que a humanidade supere todos os seus baches e saque o mellor de sí mesma. Este mesmo pensamento é o que temos neste centro cando a nosa Orientadora imparte unha serie de charlas educativas e formativas dirixidas aos nosos alumn@s de Educacion Primaria.

Porque sabemos por experiencia que algunhas das cousas máis importantes para madurar e ser persoas non se ensinan nas asignaturas, comezamos a promover actitudes con valores ao impartir ditas charlas que incluen actividades e propostas que poden aplicarse de forma interdisciplinar en calquera curso. Ésa é seguramente a riqueza destas  charlas: a sencillez que suscita curiosidade, interese e motiva a ser mellores aos nosos alumn@s que participan nelas, que as levan aos seus fogares e as comparten coas súas familias.

Aprender xuntos, medrar e madurar promovendo o pensamento crítico, a sensibilidade cara o resto de persoas e a participación na construcción dunha sociedade máis xusta é o noso obxectivo común como Departamento de Orientación.

Seguindo a metodoloxía de aproximación desde o mundo interior dos nosos alumn@s ata as súas importantes relacións cos seus compañeir@s e a súa integración na sociedade, as nosas charlas invitan aos nosos alumn@s de todos os cursos e  aos seus mestres a reflexionar.

A nosa sociedade necesita, hoxe máis que nunca, persoas con sólidos valores para crear xuntos un futuro no que a humanidade supere todos os seus baches e saque o mellor de sí mesma. Este mesmo pensamento é o que temos neste centro cando a nosa Orientadora imparte unha serie de charlas educativas e formativas dirixidas aos nosos alumn@s de Educacion Secundaria.

Porque sabemos por experiencia que algunhas das cousas máis importantes para madurar e ser persoas non se ensinan nas asignaturas, comezamos a promover actitudes con valores ao impartir ditas charlas que incluen actividades e propostas que poden aplicarse de forma interdisciplinar en calquera curso. Ésa é seguramente a riqueza destas  charlas: a sencillez que suscita curiosidade, interese e motiva a ser mellores aos nosos alumn@s que participan nelas, que as levan aos seus fogares e as comparten coas súas familias.

Aprender xuntos, medrar e madurar promovendo o pensamento crítico, a sensibilidade cara o resto de persoas e a participación na construcción dunha sociedade máis xusta é o noso obxectivo común como Departamento de Orientación.

Seguindo a metodoloxía de aproximación desde o mundo interior dos nosos alumn@s ata as súas importantes relacións cos seus compañeir@s e a súa integración na sociedade, as nosas charlas invitan aos nosos alumn@s de todos os cursos e  aos seus mestres a reflexionar.

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This