Seleccionar página

Benvidos ao novo curso 2017/18

Presentación

A orientación educativa é un proceso de axuda que está inserto dentro da actividade educativa, o seu obxectivo é contribuir ó desenvolvemento integral do alumno/a, co fin de capacita-lo para unha aprendizaxe autónoma e unha participación activa, critica e transformadora da sociedade. Non pode considerarse de ningunha maneira, a orientación, como unha actuación periférica levada a cabo de forma solitaria pola orientadora, xa que tanto na súa planificación como no seu desenvolvemento, vense comprometidos a totalidade do profesorado e os órganos de centro. Entendemos que a orientación consistirá nun proceso de análise e tratamento de situacións educativas, baseándose na axuda e asesoramento a toda a comunidade educativa. Este proceso para ser eficaz ten que ser sistemático e planificado a estar dirixido a tódolos sectores da comunidade educativa, xa que todos eles forman un sistema no que as relacións que se establecen entre os seus membros (pais/nais, alumnos/as, profesores/as e persoal non docente), inflúen en tódolos demais e en sí mesmos. Coordinar tódolos esforzos e asumir a responsabilidade de cada un dos membros do sistema educativo faise necesario ou máis ben imprescindible. Polo tanto, a orientación deberá propoñer solucións educativas adaptadas ás caracteristicas e necesidades do alumnado.

Este obxetivo será imposible de conseguir se non se establece un plan de actuación conxunto entre tódolos sectores implicados no proceso educativo. Os principios sobre os que se fundamenta o modelo de orientación: prevención, desenvolvemento, e intervención social, son coherentes cos de comprensividade e diversidade facendo referencia a unha tarefa xeralizada, continuada, preventiva, integrada na función docente, potenciadora de intervención social e respectuosa coas diferencias existentes entre o alumnado. A orientación educativa e profesional desenvólvese nos dous niveis que estruturan a organización escolar:

Na aula, acción titorial.

No centro, departamento de orientación.

O departamento de orientación actuará na Etapa de Educación Secundaria en tres ámbitos interrelacionados: acción titorial, apoio ó proceso de ensinanza-aprendizaxe, e orientación académico-profesional. En cada un destes ámbitos especificaranse os obxectivos que se pretenden e as actuacións a levar a cabo para conseguilos, e os procedementos para realiza-lo seguemento e a avaliación.

Que facemos?

Un joven nos dice cómo debe ser la escuela

Cuando yo pregunto en clase cómo debe ser la escuela, espero una respuesta así de contundente, motivada y comprometida. Este muchacho aprende porque quiere. Todo lo demás son posibilidades. Pienso que la mejor escuela del mundo debe ser capaz de contener a talentos...

leer más

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This