O noso obxectivo fundamental ao impartir estas charlas é que os adolescentes desenvolvan unhas relacións igualitarias, solidarias, respectuosas, tolerantes, comprensivas e críticas que promovan, por sí mesmas, a erradicación de calquera tipo de discriminación e violencia, incluindo a violencia de xénero.
Socialización:
SOMOS EDUCAD@S DESDE QUE SOMOS PEQUEN@S DE FORMA DIFERENTE E ISTO FAI QUE SEXAMOS E TEÑAMOS COMPORTAMENTOS DIFERENTES. É o que chamamos proceso de socialización, no cal asumimos as regras e as normas de comportamento, en base a ser mulleres e homes, en tres ámbitos fundamentalmente; a familia, a escola, o grupo de iguais (os colegas). A partir dos tres anos, os nenos e as nenas xa distinguen o que é propio delas e deles, a través dos vestidos, os xoguetes, cores e espazos. Do mesmo modo coñecen e falan das actividades e profesións que son consideradas masculinas e femininas. Se inicia o sentimento de pertenenza a un dos sexos, a través do proceso do que se chama socialización diferenciada. Desde que nacemos podemos observar as diferentes maneiras de dirixirse a un neno ou a unha nena; así por exemplo é máis probable que á nena se a vista de rosa, se lle poñan pendentes, se comente o guapa ou risueña que é, etc., mentras que ao neno é probable que se lle vista de azul, non se lle poñan pendentes e se comente o grande ou desperto que parece.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)
Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es