Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

Introdución

Este proxecto A viaxe ao reino das emocións non é nin máis nin menos que a marabillosa viaxe da vida, unha viaxe de aprendizaxe.

O día a día dos nenos e nenas está repleto de situacións emocionantes: descubrir novas experiencias, xogar a múltiples diversións, compartir actividades con compañeiros, compañeiras e amizades… pero tamén o medo ao descoñecido, a frustración cando non se consegue o que se busca, e a tristeza ante situacións dificiles. Igual que a das persoas adultas, a vida dos nenos e nenas pasa por moitos momentos que xeran emocóns positivas e negativas, e da súa xestón depende o seu desenvolvemento persoal e social.

Por este motivo O Departamento de Orientación en colaboración con A Fundación Meniños este curso academico 2018/19

 

Obxectivos xerais:

Estimular a adquisición e perfeccionamento de habilidades emocionais entre o alumnado participante, coa dobre finalidade de favorecer o seu desenvolvemento integral a nivel persoal e previr a aparición de condutas negativas.

Facilitar aos pais e nais d alumnado participante ferramentas que lles permitan exercer unha parentalidade positiva no ámbito da xestión emocional.

Obxectivos específicos:

Os obxetivos específicos que pretendemos conseguir cos nosos alumnos a traves deste proxecto son os seguintes:

Conciencia emocional

  • Adquirir vocabolario emocional.
  • Tomar conciencia das propias emocións.
  • Identificar e comprender as emocións das demais persoas.
  • interpretar axeitadamente a linguaxe non verbal das emocións.
  • indagar os recursos persoais dispoñibles para a xestión emocional.

Autoestima

  • Desenvolver unha imaxe axustada e positiva de nós mesmos.
  • Coñecer as propias fortalezas e debilidades.
  • Valorar positivamente as propias capacidades.
  • Valorar a propìa singularidade.
  • Favorecer a adquisición de sentimientos de competencia e confianza.

Regulacón emocional

  • Desenvolver a capacidade de autocontrol.
  • Adquirir estratexias para a regulación emocional.
  • Aprender técnicas de relaxación e respiración.
  • Desenvolver a tolerancia á frustación, o control da impulsividade e a capacidade de diferir recompensas.

Empatía

  • Recoñecer as emoncións doutras persoas en diversas situacións.
  • Desenvolver a capacidade de comprender ás demais persoas.
  • Indagar sobre os gustos e intereses das persoas máis próximas.
  • Fomentar o interese polo benestar das demas persoas e o establecemento de relacións respectuosas.

Habilidades socioemocionais.

  • Desenvolver habilidades de interacción social positivas.
  • Adquirir habilidades para comunicarse de manera asertiva.
  • Interiorizar a importancia da cooperación.
  • Fomentar as relacións respectuosas.
  • Valorar positivamente as responsabilidades asumidas.

 

4º de Educación Infantil:

Primeiro Trimestre: Este curso como NOVIDADE NESTE CENTRO puxemos en marcha o Proxecto “Viaxe ao Reino das Emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro. A través deste Proxecto pretendimos que os nosos alumn@s estimulasen a adquisición e perfeccionamento das súas habilidades emocionais, coa dobre finalidade de favorecer o seu desenvolvemento integral a nivel persoal e previr a aparición de condutas negativas nun futuro. Os obxectivos específicos que traballamos neste curso foron os seguintes:

Conciencia Emocional:

  • Adquiriron vocabulario emocional.
  • Tomaron conciencia das propias emocións.
  • Identificaron e comprenderon as emocións das demáis persoas.
  • Interpretaron axeitadamente a linguaxe non verbal das emocións.
  • Indagaron os recursos persoais dispoñibles para a xestión emocional.

Este Proxecto partíu dun conto titulado “Viaxe ao reino das emocións”, de maneira que o titor puido empregar o relato como vehículo de transmisión das competencias emocionais. O personaxe simbólico protagonista é Draco, un dragón con problemas de Autocontrol que aparece no reino das emocións a causa dun enfado. Ali atópase a fada Andreia, que será a súa guia neste percorrido, e que o axudará a volver a casa, tras superar unha serie de encontros nos que aprenderá habilidades socioemocionais básicas. Ao longo deste trimestre a titora tivo que levar a cabo as seguintes catro fichas ou actividades cos seus alumn@s:

  • Ficha 1: As preguntas do Sabio (relacionadas coa parte do conto lido pola mestra).
  • Ficha 2: O xogo das emocións.
  • Ficha 3: O panel das emocións.
  • Ficha 4: O reino de Orfeo.

Visionaron as seguintes películas e videocontos para traballar o Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” como foi:

  • Película “Las travesuras de Peter Rabbit” nela, puideron ver reflexados diferentes valores como foron: a amizade, o saber pedir perdón, o compartir o amor e incluso amosoulles que as rivalidades e enemizades poden chegar a ferir ás persoas que máis amamos e incluso chegar a facerlles dano.
  • Videoconto “O lápiz Amarillo” o cal ensínoulle aos nosos alumn@s emocións como a tenrura, o sacrificio polos demáis, o amor e a amizade.
  • Cortometraxe “El regalo” co que invitamos aos alumn@s de 4º de Educación Infantil a reflexionar sobre a discapacidade e os valores de superación, empatía, amizade, amor, etc…

 

 

Segundo Trimestre: Continuamos co mesmo Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” pero neste trimestre a titora traballou os obxectivos específicos seguintes:

Autoestima:

  • Desenvolverlles unha imaxe axustada e positiva deles mesmos.
  • Que coñecesen as súas propias fortalezas e debilidades.
  • Que valoren positivamente as súas propias capacidades.
  • Que valoren a súa propia singularidade.
  • Favorecer neles a adquisición de sentimentos de competencia e confianza.

Ao longo deste trimestre a titora levou a cabo as seguintes catro fichas ou actividades cos seus alumn@s:

  • Ficha 1: A danza das Habilidades (relacionadas coa parte do conto lido pola mestra).
  • Ficha 2: O paseo da fama.
  • Ficha 3: O diario dos éxitos.
  • Ficha 4: Elementos únicos.

5º de Educación Infantil:

Primeiro Trimestre: Este curso como NOVIDADE NESTE CENTRO puxemos en marcha o Proxecto “Viaxe ao Reino das Emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro. A través deste Proxecto pretendimos que os nosos alumn@s estimulasen a adquisición e perfeccionamento das súas habilidades emocionais, coa dobre finalidade de favorecer o seu desenvolvemento integral a nivel persoal e previr a aparición de condutas negativas nun futuro. Os obxectivos específicos que traballamos neste curso son os seguintes:

Regulación emocional:

  • Desenvolveron a súa capacidade de autocontrol.
  • Adquiriron estratexias para a regulación emocional.
  • Aprenderon técnicas de relaxación e respiración.
  • Desenvolveron a tolerancia a frustración, o control da impulsividade e a capacidade de diferir recompensas.

 

Este Proxecto parte dun conto titulado “Viaxe ao reino das emocións”, de maneira que o titor puido empregar o relato como vehículo de transmisión das competencias emocionais. O personaxe simbólico protagonista é Draco, un dragón con problemas de Autocontrol que aparece no reino das emocións a causa dun enfado. Ali atópase a fada Andreia, que será a súa guia neste percorrido, e que o axudará a volver a casa, tras superar unha serie de encontros nos que aprenderá habilidades socioemocionais básicas. Ao longo deste trimestre o titor levou a cabo as seguintes catro fichas ou actividades cos seus alumn@s:

  • Ficha 1: O aire que respiras (relacionadas coa parte do conto lido pola mestra).
  • Ficha 2: A caixa da calma.
  • Ficha 3: Unha botella de po de fadas.
  • Ficha 4: Olimpiadas alternativas.

Visionaron as seguintes películas e videocontos para traballar o Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” como foi:

  • Película “Los pitufos y la aldea escondida” película que está chea de valores que inculcarlle aos máis pequenos,tales como a amizade, a familia, a igualdade e a xenerosidade. Valores que aportaron unha educación extra aos máis pequenos do Centro.
  • Película “Tadeo Jones y el Secreto del rey Midas” película que traballa valores como son a xenerosidade, o amor ás  persoas e aos anomais, o respecto ao diferente, a lealdade, os celos e o afán de poder, entre outros moitos…
  • Videoconto “Tamara” o cal conta a historia de Tamara, unha nena sorda que quere convertirse en bailarina. A pesar da súa incapacidade, a pasión pola danza corre polas súas venas e aínda que non poida escoitar a música, a sente, sen que isto sexa un impedimento para perseguir o seu soño. Trátase dun verdadeiro exemplo de superación persoal e de que, ao fin, todo esforzo ten  a súa
  • Cortometraxe “Emi” Cortometraxe de animación 3D que conta a historia do esforzo dun pai por salvar a súa filla, quen cae enferma. Reflexa á perfeción o estado de ánimo e as emocións de cada un a través dunha temática que toca certos aspectos moi dolorosos aos que ás veces hai que enfrontarse. Resalta o amor entre o pai e  a filla.

1º DE EDUCACION PRIMARIA

Tiveron unha Charla de “Fomento da Intelixencia Emocional a través do Emocionómetro do Doctor Drilo”. O mércores 24 de xaneiro ás 9 da mañá tivo lugar esta charla na aula de Psicomotricidade impartida pola Orientadora do Centro. Con esta charla pretendemos que os nosos alumn@s comprendan que os nen@s de Educación Primaria deben continuar aprendendo a controlar e xestionar as súas emocións o que lles permitirá desenvolver a súa intelectualidade. Os nen@s teñen que aprender a pensar antes de actuar, a controlar a súa agresividade e a súa ira, a identificar cando están tristes ou contentos…e todo isto o conseguimos educandoos emocionalmente desde pequenos. E para continuar a labor que comezamos no ano anterior. Todas as charlas están adaptadas a cada curso con actividades novas en papel e interactivas. Por iso, entendemos  que  unha  labor  preventiva  comeza  polo  traballo  no desenvolvemento de habilidades socioemocionais e interpersoais, pero tamén por un traballo de autocoñecemento e para a identificación, expresión e autorregulación das emocións máis desagradables, como son o enfado, a tristeza ou o medo que, en moitas ocasións, nos levan a reaccionar dunha maneira máis negativa, cun mesmo e co resto de persoas que nos rodean. Todas as charlas son personalizadas e elaboradas pola Orientadora do Centro para cada un dos cursos nos que se imparten.

ACTIVIDADE “GYMKANA DAS EMOCIÓNS”

 

Como actividade principal deste Proxecto tiveron a “Gymkana das Emocións” que tivo lugar o mércores 20 de febreiro na sala de usos múltiples e no patio e participaron os alumn@s de 4º,5º,6º de Educación Infantil e 1º,2º e 3º de Educación Primaria. Esta foi unha gymkana moi peculiar porque non gañou o máis rápido, nin se fixo co premio o máis forte, senón que consistíu en saber seguir as indicacións e ter imaxinación para idear solución alternativas. A través desta actividade os nosos alumn@s aprenderon a controlar os seus impulsos, agardar para obter un premio e aprender a tolerar a frustración. Esta Gymkana constou de varias actividades:

Actividade 1: “Carreira de Caracois” Establecimos un percorrido (curto ou non dependendo para que curso) que os alumn@s tiveron que completar no máximo tempo posible. Tiveron que moverse arrastrándose ou a catro patas é dicir a cámara lenta ata chegar á meta pero sempre avanzando para poder chegar a recoller unha emoción. O xogador que se quedase parado quedou eliminado da proba e gañou o último que chegou.

Actividade 2: “Tiro ao cubo” Puxemos unhas papeleiras ou caixas nunha parte da sala de usos múltiples. Animamos aos nosos alumn@s a facer cada un tres bolas  de papel de periódico e a lánzalas ao cubo ou Caixa, dende a distancia que nos consideramos. A idea foi que algún acertase pero que non fose especialmente sinxelo. Deixamos que cada alumn@ probase a lanzar as súas pelotas e senón acertasen ningunha, tiveron que buscar unha actividade alternativa na que usasen as súas bolas de papel (como facer unha torre, xogar ao futbol, pintalas, recortalas, facer churros, darlle forma de algo. Etc…). A consigna que usaron cando fallaban os tres intentos e “non pasa nada, vou…” e tiñan que explicar que ían facer coas bolas. Os alumn@s que acertasen algún tiro quedábanse con menos pelotas para facer a actividade alternativa e o que acertase as tres axudou a dar ideas aos que fallasen algún dos tiros.

Actividade 3: “Olimpiadas das Emocións”

Fixemos un circuito na sala de usos multiples, marcando un percorrido con pequenos obstáculos establecidos según a idade e habilidades dos nen@s participantes (xiros, elementos a rodear ou saltar, tramos a pasar de costas ou a pata coxa, etc…). O xogo desenvolveuse dando tres voltas ao percorrido incrementando o nivel de dificultade en cada volta. Así na primeira volta cada neno fará o circuito só, e ao ritmo que queira, pero a dificultade incrementouse nas seguintes voltas. Por exemplo, fíxose establecendo que foran abrazados por parellas, levando unha pelota entre as pernas, atados polas máns, un ovo nunha culler ou levando un vaso de plástico con auga que non pode derramarse…calquera modalidade é válida. Cada participante decidíu se afrontaba a seguinte volta ou non. A clase que mellor o fixo tivo un premio xeral como foi visionar unha película que lles gustaba na pantalla dixital da sala de psicomotricidade con palomitas para todos.

3º de Educación Primaria:

Primeiro Trimestre: Como parte do Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro como novidade para este curso visionaron a seguinte película: “A luz dos meus ollos” que trata o tema das emocións e o feito de que todos poderemos ser o que queiramos. Coa mesma fomentaremos neles o esforzo, o afán de superación e a loita polo que se quere. Posteriormente tamén viron a pelicula “Tadeo Jones 2 e o segredo do Rei Midas” que traballa os valores e as emocións.

Charla “Fomento da Intelixencia Emocional a través do Emocionómetro do Doctor Drilo”. O mércores 11 de febreiro ás 9:15 da mañá na aula de Psicomotricidade do Centro impartida pola Orientadora do mesmo. Decidimos impartir esta charla porque os nosos alumn@s deben aprender a controlar e xestionar as súas emocións o que lles permitirá desenvolver a súa intelectualidade. Os nen@s teñen que aprender a pensar antes de actuar, a controlar a súa agresividade e a súa ira, a identificar cando están tristes ou contentos…e todo isto o conseguimos educandoos emocionalmente desde pequenos. E para continuar a labor que comezamos no ano anterior. Todas as charlas están adaptadas a cada curso con actividades novas en papel e interactivas. Por iso, entendemos  que  unha  labor  preventiva  comeza  polo  traballo  no desenvolvemento de habilidades socioemocionais e interpersoais, pero tamén por un traballo de autocoñecemento e para a identificación, expresión e autorregulación das emocións máis desagradables, como son o enfado, a tristeza ou o medo que, en moitas ocasións, nos levan a reaccionar dunha maneira máis negativa, cun mesmo e co resto de persoas que nos rodean. Todas as charlas son personalizadas e elaboradas pola Orientadora do Centro para cada un dos cursos nos que se imparten.

Como actividade principal deste Proxecto tiveron a “Gymkana das Emocións” que tivo lugar o mércores 20 de febreiro na sala de usos múltiples e no patio e participaron os alumn@s de 4º,5º,6º de Educación Infantil e 1º,2º e 3º de Educación Primaria. Esta foi unha gymkana moi peculiar porque non gañou o máis rápido, nin se fixo co premio o máis forte, senón que consistíu en saber seguir as indicacións e ter imaxinación para idear solución alternativas. A través desta actividade os nosos alumn@s aprenderon a controlar os seus impulsos, agardar para obter un premio e aprender a tolerar a frustración. Esta Gymkana constou de varias actividades:

Actividade 1: “Carreira de Caracois” Establecimos un percorrido (curto ou non dependendo para que curso) que os alumn@s tiveron que completar no máximo tempo posible. Tiveron que moverse arrastrándose ou a catro patas é dicir a cámara lenta ata chegar á meta pero sempre avanzando para poder chegar a recoller unha emoción. O xogador que se quedase parado quedou eliminado da proba e gañou o último que chegou.

Actividade 2: “Tiro ao cubo” Puxemos unhas papeleiras ou caixas nunha parte da sala de usos múltiples. Animamos aos nosos alumn@s a facer cada un tres bolas  de papel de periódico e a lánzalas ao cubo ou Caixa, dende a distancia que nos consideramos. A idea foi que algún acertase pero que non fose especialmente sinxelo. Deixamos que cada alumn@ probase a lanzar as súas pelotas e senón acertasen ningunha, tiveron que buscar unha actividade alternativa na que usasen as súas bolas de papel (como facer unha torre, xogar ao futbol, pintalas, recortalas, facer churros, darlle forma de algo. Etc…). A consigna que usaron cando fallaban os tres intentos e “non pasa nada, vou…” e tiñan que explicar que ían facer coas bolas. Os alumn@s que acertasen algún tiro quedábanse con menos pelotas para facer a actividade alternativa e o que acertase as tres axudou a dar ideas aos que fallasen algún dos tiros.

Actividade 3: “Olimpiadas das Emocións”

Fixemos un circuito na sala de usos multiples, marcando un percorrido con pequenos obstáculos establecidos según a idade e habilidades dos nen@s participantes (xiros, elementos a rodear ou saltar, tramos a pasar de costas ou a pata coxa, etc…). O xogo desenvolveuse dando tres voltas ao percorrido incrementando o nivel de dificultade en cada volta. Así na primeira volta cada neno fará o circuito só, e ao ritmo que queira, pero a dificultade incrementouse nas seguintes voltas. Por exemplo, fíxose establecendo que foran abrazados por parellas, levando unha pelota entre as pernas, atados polas máns, un ovo nunha culler ou levando un vaso de plástico con auga que non pode derramarse…calquera modalidade é válida. Cada participante decidíu se afrontaba a seguinte volta ou non. A clase que mellor o fixo tivo un premio xeral como foi visionar unha película que lles gustaba na pantalla dixital da sala de psicomotricidade con palomitas para todos.

Tamén levaron a cabo o Proxecto titulado “Mulleres de hoxe que serán historia mañá” .Este proxecto de sensibilización naceu co obxecto de axudar á transmisión de valores de respecto, contribuíndo a favorecer a igualdade real e efectiva entre nenos e nenas, para axudarlles a reflexionar sobre o seu propio potencial, crer nas súas posibilidades, de forma que poidan acadar as súas metas e lograr ser o que queiran ser nun futuro próximo. Por iso este é un proxecto educativo para que os nosos alumn@s de 3º de Primaria, traballen en grupo, expoñan o que queiran ser de maiores, como queren acadar os seus soños, buscando grandes referentes femininos, derribando estereotipos de xénero e fomentando a igualdade. No noso Centro cremos firmemente no poder dos nosos alumn@s como axentes de cambio da nosa sociedade!. Tamén verá a película “ Ballerina”que trata o tema do esforzo e das emocións.

As Caixas dos Desexos

Ademáis elaboraron as súas Caixas de Desexos personalizadas onde meteron eles e os seus familiares todos aqueles desexos que tiñan.

4º de Educación Primaria:

Primeiro Trimestre: Como parte do Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro como novidade para este curso visionaron a seguinte película: “O bebe xefazo” que trata o tema das emocións e o feito de que todos necesitamos que alguén nos queira e tamén trata o tema da rivalidade entre irmáns.

Segundo Trimestre: Charla “Prevención do Acoso Escolar” impartida pola Orientadora do Centro e posteriormente se fixo cos nenos unha serie de actividades interactivas ( na pantalla dixital) e no papel relacionadas con dito tema. Tamén visionaron a seguinte pelicula “Ferdinand” que nos ensina que non se pode xulgar as persoas polo seu aspecto é mester coñecelas.

5º de Educación Primaria:

Primeiro Trimestre: Como parte do Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro como novidade para este curso visionaron a seguinte película: “Xogo de Honor” que trata o tema das emocións e a disciplina, honor, respecto e integridade.

Segundo Trimestre: Charla “Prevención dos Riscos de Internet e as Redes Sociais”impartida pola Orientadora do Centro e posteriormente se fixo cos nenos unha serie de actividades interactivas ( na pantalla dixital) e no papel relacionadas con dito tema. Mediante esta charla preténdeuse que os nosos alumn@s se conciencien sobre a necesidade de que teñen que aprender cómo moverse por Internet e as redes sociais dunha maneira axeitada para así evitar perigos. Tamén levarán a cabo o Proxecto titulado “Mulleres de hoxe que serán historia mañá” .Este proxecto de sensibilización nace co obxecto de axudar á transmisión de valores de respecto, contribuíndo a favorecer a igualdade real e efectiva entre nenos e nenas, para axudarlles a reflexionar sobre o seu propio potencial, crer nas súas posibilidades, de forma que poidan acadar as súas metas e lograr ser o que queiran ser nun futuro próximo. Por iso este é un proxecto educativo para que os nosos alumn@s de 5º de Primaria, traballen en grupo, expoñan o que queiran ser de maiores, como queren acadar os seus soños, buscando grandes referentes femininos, derribando estereotipos de xénero e fomentando a igualdade. No noso Centro cremos firmemente no poder dos nosos alumn@s como axentes de cambio da nosa sociedade!. Tamén veron a pelicula “A mecánica do corazón” que traballa todo tipo de valores e de emocións..

6º de Educación Primaria:

Primeiro Trimestre: Como parte do Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro como novidade para este curso visionarán a seguinte película: “Superbrother” que trata o tema das emocións e dos valores.

Segundo Trimestre: Visionado da película “Unidos por un sueño” onde traballaremos cos nosos alumn@s o deporte coma ferramenta de desenvolvemento en valores,  a presión do grupo e as relacións entre pais e fillos.

1º de Educación Secundaria Obligatoria:

Primeiro Trimestre: Como parte do Proxecto “Viaxe ao reino das emocións” elaborado pola Fundación Meniños e organizado polo Dpto. de Orientación do Centro  para este curso visionaron a seguinte película: “Todos los niños son especiales (Taare Zaamen Par)” que trata o tema da discapacidade e posteriormente fixeron actividades sobre dito tema aportados pola Orientadora do Centro. Onde traballamos cos nosos alumn@s valores como o respecto á diferencia, as emocións, amor á profesión de mestre. Tamén lles ensinamos que todos debemos preocuparnos por coñecer os problemas que moitos nenos teñen, e que non son comprendidos e en base a isto hai que aplicar estratexias especiais, segundo sexa o caso, dándolles a oportunidade de aprender  sen necesidade de ser maltratados pola sociedade. É importante que os mestres recoñezan que non todos os nenos son iguais e que moitos pais ao ignorar o que realmente lles acontece caen no erro de castigalos, sendo éstos así as vitimas de violencia psicolóxica, moral e física, logrando con isto empeorar a súa situación facéndoos caer  en depresión, tristeza absoluta e ocasionando que se estanquen, retrocedan, non se interesen por aprender fracasando así nos seus estudos.

O PANEL DAS EMOCIÓNS

 

Esta actividade permite coñocer as emociones dos nenos e nenas ao largo do día. Realizanse taboleiros na clase que corresponde a estado de animo de cada neno xunto a seu nome e fotografia. Durante a presentación pódese preguntar a algún neno por que motivo se sente así, para que o comparta co resto da clase. Esta actividade permite coñocer as causas das nosas emocións, e tamen serve para introducir a súa relación coas actuacións.

Colaboradores

Estamos en:

Calle De Amado Garra, 2

36860 Ponteareas

Pontevedra

Contacto

986 64 00 65

info@acasinadosvalores.es

Departamento de Orientación

Colexio Plurilingüe La Inmaculada

Share This