
A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde os alumn@s medran, tanto a nivel individual coma social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.
Polo tanto, a escola é un escenario clave para realizar intervencións ou charlas para a prevención das drogodependencias. O obxectivo é que os nosos alumnos/as acaden o maior grao posible de saúde a partir da adquisición de coñecementos e habilidades que favorezan o desenvolvemento de estilos de vida saudables. A prevención debe recoller accións dirixidas directamente a frear o consumo de drogas, pero tamén debe actuar sobre as variables que están relacionadas co inicio, progresión e mantemento no consumo. Este é o obxectivo principal que perseguimos ao impartir estas charlas.
Obxectivos
- Promover estilos de vida libres do uso de drogas a través do entrenamento en habilidades xerais para a vida.
- Reducir a incidencia do uso de drogas.
- Retrasar a idade de inicio do consumo experimental de drogas.
Coas nosas charlas pretendemos acadar nos nosos alumn@s:
- Un desenvolvemento cognitivo (actitudes saudables e información sobre drogas)
- Un control emocional ( entrenamento no control da ansiedade e o manexo da ira)
- Habilidades de interacción social (entrenamento en habilidades de comunicación e específicas de rexeitamento do consumo de drogas)
- Solución de problemas e toma de decisións (habilidades para abordar os problemas que se presentan ao longo da vida, especialmente os de índole social)
- Hábitos implicados na aprendizaxe escolar (aprendizaxe e adquisición de hábitos implicados na competencia académica).
Traballar cos alumn@s de Educación Primaria os valores de protección como a autoestima, o autocontrol, a empatía ou as habilidades de negación pode ser unha das estratexias máis efectivas para evitar que, nun futuro, se manifesten condutas problemáticas como o consumo abusivo de drogas.
O obxectivo é formar alumn@s, futuros adolescentes e moz@s, con capacidade crítica que sexan capaces de enfrontarse á presión do grupo de iguais, as modas ou aos estereotipos sociais mantendo o seu propio criterio e autonomía. Pero para conseguilo é necesario que desde a familia e a escola se traballe con eles desde idades moi tempranas.
Para comezar a previr o consumo de drogas os mestres debemos dispor de información suficiente destas substancias e sobre as formas de intervir para evitar o seu abuso. Asimesmo podemos desenvolver estratexias que potencien os factores de protección dos nosos alumn@s e para iso debemos ter en conta catro áreas: establecer normas axeitadas, crear unha boa relación afectiva cos alumn@s, mellorar a comunicación con eles e favorecer un uso satisfactorio do tempo libre.
Como es lóxico, para abordar cada unha destas catro áreas, temos que considerar a idade dos nosos alumn@s. Cada etapa evolutiva ten as súas propias características e debemos adaptarnos a elas. Por exemplo, de 3 a 6 anos, na etapa infantil, é importante facer fincapé en variables como a empatía, a autoexpresión emocional, habilidades de autoafirmación e o autocontrol. A partir dos 6 anos e ata os 12 hai que traballar todos estes valores e, ademáis, actitudes cara á saude, autoestima e habilidades de interacción. A partir dos 12, é necesario traballar específicamente a toma de decisións, as habilidades de oposición e as actitudes cara as drogas.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es