Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

No caso concreto dos alumn@s de Educación Infantil a aprendizaxe e interiorización das habilidades emocionais axudaranlles na escola e na súa vida diaria. A educación emocional potencia non só os aspectos cognitivos e intelectuais dos alumn@s, característica principal da ensinanza tradicional, senón tamén outros aspectos tan importantes como o desenvolvemento das súas personalidades, as súas aptitudes, os seus valores, as súas motivacións e os seus esforzos, de maneira que se persegue unha maneira integral de educación. Esta educación emocional podería ser definida, neste senso,   coma un proceso de ensinanza/aprendizaxe das emocións que teñen como finalidade o desenvolvemento integral dos alumn@s, armonizando os compoñentes cognitivos e afectivos.

Mediante a aprendizaxe das competencias emocionais, os alumn@s non só amplían o seu vocabulario emocional, senón que aprenden a empregar estratexias de afrontamento ante situacións emocionalmente difíciles, acadando o autocontrol emocional, de modo que manexen axeitadamente as emocións e impulsos conflitivos (Vallés y Vallés, 2000).

Os obxectivos que pretendemos acadar ao por en marcha un Plan de Intelixencia Emocional  desde a Educación Infantil, son os seguintes:

Detectar casos de pobre desempeño na área emocional. Coñecer cales son as emocións e recoñecelas nos demáis Clasificalas: sentimentos, estados de ánimo…

  • Modular y gestionar la emocionalidad.
  • Desenvolver a tolerancia ás frustracións diarias.
  • Previr o consumo de drogas e outras condutas de risco. Desenvolver a resiliencia
  • Adoptar unha actitude positiva ante a vida.
  • Previr conflitos interpersoais
  • Mellorar a calidade de vida escolar.

Os  estudos  realizados  por  Lantieri  e  Goleman  sobre  a  aprendizaxe  social  e  emocional, sosteñen que os alumn@s estarán máis dotados para a vida se no seu programa de estudo se inclue,  ademáis  de  contidos  de  tipo  académico,  a  aprendizaxe  de  habilidades  sociais  e emocionais. Estes e outros autores sosteñen que axudar aos alumn@s a desenvolver habilidades sociais e emocionais afectará de maneira positiva a súa saude e bienestar a longo prazo. Así mesmo, diferentes estudos e investigacións realizados no campo da Neurociencia demostraron a enorme plasticidade (neuroplasticidade) do cerebro durante a etapa infantil. Por iso, debemos tratar de educar emocionalmente aos nosos alumn@s  de Educación Infantil coa intención de potenciar o seu desenvolvemento global ou integral e é importante que este aprendizaxe se inicie a idades moi  tempranas.

 

 

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/S-PTa20NNrI" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This