“CHARLA PREVENCIÓN DOS TRASTORNOS ALIMENTICIOS”
2º Educación Secundaria Obrigatoria

O xoves 28 de maio a partir das 11:30 da mañá tivo lugar na aula de Psicomotricidade deste colexio esta charla dirixida aos alumn@s de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria. Impartimos dita charla porque o noso obxectivo era: que os nosos alumn@s adolescentes adquiran uns hábitos alimenticios e de exercicio que sexan saudables, que sexan capaces de aceptarse tal e como son, coas súas virtudes e os seus defectos, que sexan capaces de admitir que o que amosan os medios de comunicación non é a vida real, que coñezan todos os tipos de trastornos alimenticios que existen e que consecuencias teñen, entre outras cousas.
“CHARLA RISCOS DE INTERNET E REDES SOCIAIS”
1º Educación Secundaria Obrigatoria

O martes 12 de abril a partir das 10:40 da mañá tivo lugar na aula de Psicomotricidade deste colexio esta charla dirixida aos alumn@s de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria. Impartimos dita charla porque o noso obxectivo era: que os nosos alumn@s adolescentes entendan e asuman as súas responsabilidades cando se poñen enfrente dun ordenador e comparten as súas experiencias na rede. Son moitos os riscos que corren navegando por Internet senón siguen os consellos dunha navegación segura e senón recibiron unha correcta información acerca dos perigos e trampas que lles acechan.
“CHARLA PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR”
2º Educación Secundaria Obrigatoria
O lúns 1 de febreiro ás 9:00 da mañá tivo lugar esta charla na aula de Psicomotricidade impartida pola Orientadora do Centro. Impartimos dita charla porque o noso obxectivo fundamental a conseguir é que os nos@s alumn@s saiban que a violencia nas aulas, que maniféstase de maneira moi concreta no acoso entre escolares, é un problema que nos preocupa a todos, a quienes formamos parte do sistema educativo e a toda a sociedade.O primeiro paso cara a súa solución é recoñecer que existe este problema de violencia nas aulas, e facelo nos seus xustos términos, evitando caer no erro de esaxerar a súa incidencia, ou de transmitir unha visión deformada da escola actual como un escenario de violencia permanente e xeralizada.
Como resultado desta charla tiveron que facer unha actividade final por equipos e este é o resultado…
“CHARLA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO”
3º Educación Secundaria Obrigatoria

O martes 26 de xaneiro ás 9:00 da mañá tivo lugar esta charla na aula de Psicomotricidade do Centro impartida pola Orientadora do Centro. Impartimos dita charla porque o noso obxectivo fundamental era o seguinte: sabendo que a escola é o escenario de interacción de vivencias culturais e estereotípicas das sociedades,faise necesario que nela se desmonte ou derribe calquera visión machista ou feminista recalcitrante; garantizando con iso a paz e a igualdade entre os xéneros. A escola é, sen dúbida, o espazo ideal para construir unha sociedade máis xusta e equitativa, na que non exista a errónea idea de que hai un sexo ou un xénero por riba doutro.




Como resultado desta charla tiveron que facer unha actividade final por equipos e este é o resultado…
“CHARLA PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR”
4º Educación Secundaria Obrigatoria

O lúns 18 de xaneiro ás 9:00 da mañá tivo lugar esta charla na aula de Psicomotricidade impartida pola Orientadora do Centro. Impartimos dita charla porque o noso obxectivo fundamental a conseguir é que os nos@s adolescentes coñezan que é o Acoso Escolar, cales son as súas características, en que lugares ou sitios acontece, cales son as súas principais sinais de alerta e como deberían actuar os seus mestres. Xa que actualmente vivimos nunha sociedade cambiante que esixe que a educación se adapte continuamente ás características sociais do momento e hoxe en día o problema do acoso escolar ou bullying está moi presente na realidade educativa. Ninguén debe subestimar o medo que un nen@ ou adolescente intimidado pode chegar a sentir.


Como resultado desta charla tiveron que facer unha actividade final por equipos e este é o resultado…
“CHARLA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO”
1º Educación Secundaria Obrigatoria

O martes 12 de xaneiro ás 10:40 da mañá tivo lugar esta charla na aula de Psicomotricidade impartida pola Orientadora do Centro. Impartimos dita charla porque o noso obxectivo fundamental a conseguir é que os adolescentes desenvolvan unhas relacións igualitarias, solidarias, respectuosas, tolerantes, comprensivas e críticas que promovan, por sí mesmas, a erradicación de calquera tipo de discriminación e violencia, incluíndo a violencia de xénero.
Como resultado desta charla tiveron que facer unha actividade final por equipos e este é o resultado…
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es