Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

Esta charla de “Educación Vial”, elaborada polo Departamento de Orientación deste Centro desenvolveuse coa intención de concienciar a todos os nosos alumn@s, sobre a importancia de ter unha educación vial axeitada.

Os nosos alumn@s deben aprender a vivir en sociedade, o que implica que deben desenvolver unha serie de valores que lles permita convivir cos seus iguais .A vía pública é un lugar inevitable de socialización, onde teñen lugar encuentros obrigados e inesperados con todo tipo de persoas. Cada unha delas con diferentes razoamentos,intereses e preferencias por isto a única finalidade que debemos conseguir na Educación Vial é que os nosos alumn@s adquiran certos valores e habilidades esenciais para conducirse e manexarse na vía pública sen correr o menor risco agora como peatóns e posteriormente como conductores.

Pretendemos fomentar no noso alumnado o principio de responsabilidade no uso da vía por parte de tod@s os usuarios, evitando desta maneira ser un perigo para os demáis. É básico que aprendan a asumir a responsabilidade dos seus actos e as consecuencias dos mesmos.

A Educación Vial é unha necesidade da sociedade actual, non só trata de buscar os medios necesarios para darlles aos nosos alumn@s os coñecementos básicos das regras e normas de circulación, senón crear, formar, fomentar, inducir a promover actitudes positivas cara unha boa educación vial. Ao igual que ensinamos aos nosos alumn@s a compartir os seus xoguetes, a non pelexar, a rematar o seu almorzo debemos ensinarlles a moverse e compartir a vía pública.

A Educación Vial é un problema na aprendizaxe de comportamentos na vía pública, xa pode ser como peatón, conductor ou viaxeiro. Dito aprendizaxe debe traballar na rutina diaria coas familias na casa e na vía pública. É un proceso de aprendizaxe de actitudes e condutas que favorece a convivencia entre seres humanos.

Os nosos alumn@s deben ser educados e formados na necesidade e conveniencia da educación vial. Un axeitado comportamento vial consiste nun axeitado uso das vías públicas, é unha parcela máis do comportamento cidadá, que require de educación. De aí a necesidade de impartir estas charlas nas nosas aulas.

A Educación Vial na aula debe buscar a educación integral dos nosos alumn@s, fomentando as relacións interpersoais e a socialización, poñendo de manifesto que o comportamento na vía pública é moi importante.

O obxectivo último destas charlas é crear e fomentar valores democráticos para posibilitar unha convivencia cordial en sociedade.

Obxectivos:

  • Desenvolver actitudes de prevención na vía pública.
  • Coñecer e aplicar as normas dos peatóns.
  • Fomentar actitudes de convivencia cidadá, respecto e solidaridade.
  • Utilizar con responsabilidade o cinturón de seguridade nos diferentes transportes.
  • Fomentar actitudes de respecto cara as normas de circulación como cara aos axentes que vixian e regulan o tráfico na vía pública.
  • Evitar os accidentes de tráfico, tanto de peatóns como de conductores.
  • Adoptar comportamentos axeitados e responsables no uso das bicicletas, monopatins…tendo conciencia dos perigos que poidan derivarse do seu mal uso e de non respectar as normas de circulación na vía pública.
  • Adoptar condutas seguras como viaxeiros nun vehículo particular, ao subir e baixar do vehículo facelo polo lado da aceira.
  • Utilizar os asentos traseiros do vehículo, nunca os dianteiros.
  • Utilizar os dispositivos de retención axeitados.
<iframe width="420" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/Z80ajUNvcEQ" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This