
Estas charlas están dirixidas principalmente aos alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria, están totalmente adaptadas á realidade actual dos preadolescentes, e integradas coas novas tecnoloxías dixitais, que permiten implementalas dunha forma fácil e eficaz.
Abordan os principais cambios físicos e emocionais da adolescencia dunha forma próxima e participativa, co fin de que os preadolescentes entendan e acepten os cambios propios desta etapa. Os contidos foron desenvoltos por profesionais de distintos ámbitos do sector (pedagogos, psicólogos, etc.).
Se trata de charlas diferentes e actuais que pretenden establecer unha comunicación real e un intercambio de opinións cos alumn@s que sen dúbida, son a base deste proxecto. Por todo isto, as plantexamos cun enfoque moito máis dixital e centradas nas novas tecnoloxías con gran ilusión e esperando que sexa do seu agrado.
Con estas charlas pretendemos axudar aos nosos alumn@s a:
- Reflexionar sobre os cambios físicos e emocionais que experimentan os moz@s na fase da pubertade e da adolescencia.
- Formarse unha idea axustada de sí mesmos, fortalecendo a autoestima e fomentando a comunicación, a comprensión e o respecto cara aos demáis.
- Expresar de forma oral e por escrito as súas experiencias persoais e as súas relacións co mundo circundante: amigos, escola, familia, etc.
- Coñecer o funcionamento do corpo nos seus aspectos básicos e valorar os hábitos de hixiene persoal, o uso de productos de hixiene íntima, o exercicio físico e a alimentación sana coma un beneficio para a saúde propia e colectiva.
Algúns dos temas que trataremos nestas charlas xirarán en torno a:
Como me vexo?
Centrado na reflexión sobre o desenvolvemento físico que se produce durante a pubertade e a adolescencia, así como na reflexión e a aceptación positiva de tales cambios físicos, co fin de apreciar o propio corpo, aumentar a súa autoestima e establecer unha mellor relación cos demáis.
Como me ven os demáis?
Enfocado nas relacións entre adolescentes, xa sexan amigos ou simplemente compañeiros, e a súa influencia na valoración dos cambios corporais e na formación da propia imaxe.
O meu corpo e o dos demáis
Incide sobre os cambios máis íntimos dos moz@s (menstruación, desenvolvemento dos xenitais, erección, polución nocturna, etc.) e que non acostuman a compartir cos demáis. Tamén ofrece información básica sobre ambos sexos para entender a súa evolución física e emocional, desechar tópicos e prexuizos e fomentar a comunicación, a tolerancia e a solidaridade.
Como me sinto?
Pretende axudar aos preadolescentes a realizar un exercicio de introspección cuxa finalidade é que acepten os cambios que experimentan como algo normal. Para iso, os preadolescentes terán a oportunidade de expresar os seus sentimentos máis íntimos: estado de ánimo, percepción de sí mesmos, as súas relacións cos demáis, etc.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es