Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

COEDUCACIÓN

“A miña nai dí que o meu cole é un exemplo a seguir. Eu non sei moi ben por qué o di, pero ela insiste en que non é habitual que, nas outras escolas, os mestres non deixen ás nenas xogar ao fútbol no recreo. Tamén di que é bonito ver a meu amigo Tomás xogar con Luis ás monecas, incluso anímame a que pase máis tempo con Xavier para que me ensine a preparar comidas na súa cociniña. Sen embargo, a miña amiga Rosa e a mín gústanos máis a plastilina e tamén debuxar e pintar coches na pizarra. A miña avoa di que todo isto lle parece moi extrano, que, cando ela era pequena, o normal era que as nenas estiveran tranquilas durante o recreo mentras que os nenos xogaban á pelota, pero a miña nai non está dacordo e dille que aqueles eran outros tempos…”

 

Coeducar significa, precisamente, educar en común e en igualdade, ao marxe do sexo das persoas. Significa detectar todos os estereotipos asociados ao masculino e o feminino, ser conscientes deles, reflexionalos e por en marcha as medidas necesarias para eliminalos do noso linguaxe e do noso comportamiento, potenciando aqueles aspectos que quedan anulados polo feito de asumir os roles de xénero: a afectividade nos varóns ou o desenvolvemento profesional nas mulleres.

Un dos grandes obxectivos do novo Sistema Educativo, consiste en promover a igualdade entre ambos sexos. Existe a necesidade de comezar unha educación non sexista nos primeiros anos de vida. analizando como se adquiren os roles e estereotipos de xénero, os factores que influen na súa aprendizaxe, así como o papel que para a infancia xogan as persoas adultas como modelos na adquisición dos mesmos.

Tamén é necesario transmitir unha serie de coñecementos, valores e actitudes a todos os nen@s e potenciar as habilidades necesarias para que cada un deles  independientemente do seu sexo as integre na súa personalidade, é dicir, preténdese que todo alumn@ teña a oportunidade de potenciar aqueles valores, actitudes e coñecementos que posibiliten un desenvolvemento integral da súa personalidade, o que a súa vez lle permitirá‚ unha integración responsable e participativa como miembro da sociedade na que  viva, sen facer diferencias por razón de sexo.

A coeducación en Educación Infantil pretende conseguir nos nosos alumn@s o recoñecemento e valoración positiva da súa propia identidade sexual e daqueles rasgos que os diferencian.

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/J-p_UrqKJCs" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This