
A adolescencia é unha etapa dificil da vida, por canto supón a transición entre deixar de ser nen@ e comezar a ser adulto. A nutrición axeitada neste periodo entraña tamén dificultades pola personalidade máis independente do adolescente e polos seus patróns de alimentación sociais, prescindindo en ocasións de comidas regladas que se sustituen con frecuencia por «picoteos» e comidas rápidas, consumidas fora do fogar.
Por outro lado, merece especial mención a preocupación que teñen os adolescentes en canto a súa imaxe corporal e que, en bastantes ocasións, condiciona a levar a cabo dietas restrictivas para achegarse a un patrón ideal de beleza, influenciado polos modelos sociais do momento e que pode dar lugar a serios trastornos de conduta alimentaria (anorexia, bulimia e vigorexia).
Por isto, é moi importante que desde o Departamento de Orientación sepamos transmitirlles aos nosos alumn@s o respecto e amor polo seu corpo, ao mesmo tempo que una axeitados hábitos alimentarios e de vida.
Debemos formar aos nosos alumn@s para que asuman os seus deberes e exerzan os seus dereitos como cidadáns responsables.Tamén para que desenvolvan a súa capacidade de interpretar a realidade que lles chega a través de numerosas informacións e influencias, que hai que interpretar, valorar e, a partir de aí, sexan capaces de decidir cómo actuar.
Para acadar a finalidade anterior, canta máis información teñan os nosos alumn@s máis preparados estarán para actuar correctamente.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es