
É ben coñecido que unha Alimentación Saudable é o principal factor exógeno condicionante dun correcto crecemento e desenvolvemento. Os hábitos de alimentación axeitados ademáis de favorecer un estado de bienestar e de enerxía, asentan as bases para unha maior lonxevidade e boa calidade de vida en idades posteriores. A adquisición de hábitos alimentarios saudables nesta etapa contribue á prevención de enfermidades que se manifestarán na idade adulta. Permite o mantemento e promoción da saúde e o bienestar non só na nenez, senón potencialmente nas etapas posteriores da vida.
A infancia constitue unha etapa de gran interese para a nutrición, pois supón un período de promoción e consolidación dos hábitos alimentarios e, polo tanto, potencialmente mellorable. Tamén constitue unha etapa de risco dado o incremento de necesidades nutricionais durante as fases de crecemento e desenvolvemento. O medio escolar proporciona unha oportunidade de inestimable valor para a promoción de hábitos alimentarios saudables porque permite chegar a un gran número de persoas (escolares, profesorado e familias) e porque sintoniza en métodos e obxectivos docentes cos proxectos educativos curriculares.
O noso principal obxectivo a acadar con estas charlas é motivar aos nosos alumn@s de Educación Primaria sobre o interese dunha alimentación axeitada e a práctica de exercicio físico, á vez que desenvolvan habilidades e destrezas que lles permitan configurar uns hábitos alimentarios máis saudables e se estimule a práctica de exercicio físico gratificante e axeitado.
Obxectivos
1. Descubrir en qué consiste unha dieta saudable e as pautas a seguir para conseguila.
2. Diferenciar os conceptos de nutriente e alimento.
3. Coñecer cómo debe ser a distribución da alimentación ao longo do día.
4. Relacionar familias de alimentos e a súa frecuencia de consumo dacordo á Pirámide da alimentación saudable.
5. Valorar e recoñecer as propias preferencias alimentarias.
6. Coñecer os efectos positivos que supón o hábito dun almorzo saudable nos escolares.
7. Coñecer os grupos de alimentos que deben formar parte dun almorzo axeitado.
8. Comprender a importancia da toma de media mañán e da tarde nos escolares para o equilibrio alimentario global.
9. Coñecer as distintas opcións de alimentos saudables que se poden consumir e as súas propiedades.
10 . Coñecer os motivos da importancia do consumo de froitas e verduras e as consecuencias dun consumo insuficiente.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es