
Na actualidade vivimos nunha sociedade cambiante que esixe que a educación se adapte continuamente ás características sociais do momento e hoxe en día o problema do acoso escolar ou bullying está moi presente na realidade educativa. Ninguén debe subestimar o medo que un nen@ de primaria intimidado pode chegar a sentir.
A violencia nas aulas, que se manifesta de maneira moi concreta no acoso entre escolares, é un problema que nos preocupa a todos, a quienes formamos parte do sistema educativo e a toda a sociedade.
O primeiro paso cara a súa solución é recoñecer que existe este problema de violencia nas aulas, e facelo nos seus xustos termos, evitando caer no erro de esaxerar a súa incidencia, ou de transmitir unha visión deformada da escola actual coma un escenario de violencia permanente e xeralizada.
Da mesma maneira, debemos contar con mestres, pais e alumn@s, presentando e ofrecendo ferramentas que permitan previr o acoso escolar desde a infancia, buscando en todo momento solucións que desde a escola e desde a familia nos permitan afrontar con maiores garantías este problema compartido.
Partindo disto queremos contribuir á prevención e erradicación de todo fenómeno de violencia como é o acoso entre escolares ou bullying coa elaboración dunha serie de charlas dirixidas aos alumn@s de Educación Primaria onde recollan tanto as causas, características e consecuencias da violencia nas aulas, como pautas para previla desde a educación.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es