Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

Cada día saen á luz novos casos de bullying. O acoso escolar, supón un serio problema ante o que se debe actuar, xa que a súa repercusión pode perxudicar enormemente a vida de todas aquelas persoas que o sufren. As familias que se enfrentan a un caso de acoso escolar, en moitas ocasións atópanse desprotexidas, indefensas, impotentes e incapaces de combatir un fenómeno cuxa razón de ser, radica en motivos que se escapan ao seu control e que sen embargo, poden condicionar gravemente as súas vidas. Desde Educación Infantil debemos comezar a previr o Acoso Escolar e para iso traballaremos cos nosos alumn@s as súas emocións.

Esta charla pretende axudar a que os nosos alumn@s se conecten e recoñezan os seus sentimentos e así poidan expresar o que sinten en situacións de crisis.Contar o que lles sucede en situacións difíciles terá un efecto liberador para eles, posto que se experimenta un alivio cando as emocións son expresadas e compartidas con outros. O sentir que as penas se comparten, dalgún modo disminue a pena. De feito, dise con razón que unha pena compartida é a mitade da pena.

Moitas veces os adultos a cargo dos nen@s non falan dos temas que son conflictivos, difíciles ou dolorosos, pensando que será máis fácil que eles os esquezan, o que constitue un erro xa que os nen@s os seguen “rumiando a soas”. En efecto, baixo tales circunstancias os nen@s viven as súas penas e preocupacións sen apoio e enfrontan as súas dificultades sen que ninguén os conteña emocionalmente. Isto sen dúbida aumenta o estrés que xa de por sí implica o evento crítico, xa que sentirse so en medio dunha crise implica  quedarse aínda máis vulnerable e desprotexido.

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/051fVwTM0UM" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This