Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

A violencia contra as mulleres foi unha constante ao longo da historia e, aínda hoxe, segue sendo unha vergonzosa realidade que non se consegue ataxar. Maniféstase como a expresión máis extrema de desigualdade existente na nosa sociedade. Unha violencia que se exerce sobre as mulleres polo mesmo feito de selo e se lles nega os dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión. Este tipo de violencia produce un gran rexeitamento colectivo e unha gran alarma social. Pasou de considerarse un problema privado para presentarse coma un problema público que compromete a toda a sociedade. Ante este escenario, os poderes públicos asumen a responsabilidade de adoptar medidas para erradicala, razón pola cal, desde finais do século XX, aparece abundante producción legal a nivel europeo, nacional e autonómico, sobre medidas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de prevención da violencia que se exerce sobre as mulleres. Así o Parlamento español aproba a Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero que establece medidas de sensibilización, asistencia e prevención. Este tipo de violencia atenta contra todas as mulleres pois non distingue idade, raza nin clase social. Neste senso, observamos que progresivamente aparecen máis casos de mozos que exercen violencia e de mozas que a sofren. Comprobouse que o ámbito educativo é o escenario esencial para avanzar na prevención da violencia de xénero e para configurar un verdadeiro modelo educativo igualitario e se entende como a vía máis segura para romper modelos, normas, valores, estereotipos e prácticas discriminatorias respecto ao xénero. Por este motivo se considera prioritario aunar esforzos e diseñar novas estratexias educativas que permitan facer realidade o principio de resolución pacífica de conflitos por razón de xénero nos centros educativos, como queda recollido no art. 151.e da Lei Orgánica 2/2006, de 3 maio, de Educación “Velar polo cumprimento e aplicación dos principios e valores recollidos nesta Lei, incluidos os destinados a fomentar a igualdade real entre homes e mulleres”. Polo tanto, se estima fundamental intervir con moz@s e adolescentes, tanto para actuar en casos de violencia de xénero manifesta, coma para desenvolver unha labor preventiva que permita a deteción precoz da violencia á vez que para desenvolver a educación en e para a igualdade de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres, xa que ésta constitue a mellor forma de previr a aparición de calquera das manifestacións deste tipo de violencia. Con frecuencia tendemos a pensar que a violencia de xénero é só cousa de adultos, sen embargo os datos reflexan unha realidade totalmente diferente. A violencia na adolescencia e na mozidade é tan severa ou máis que a que se presenta na vida adulta e con frecuencia é no noviazgo cando vai forxándose unha relación que se transformará en dramática anos máis tarde. A violencia de xénero estivo e está presente de forma xeralizada e amósase de  diferentes formas: unhas veces, de maneira sutil, a través do control e a falta de respecto, outras se intensifica e se agrava, ata que estalla e amosa o seu lado máis extremo, dando lugar á violencia física e incluso a morte. Non existe unha causa única que determine a súa orixe, aínda que é evidente que ten a súa base en pautas culturais moi arraigadas e pode afectar a mulleres de calquera idade e de calquera nivel económico e social. A conduta violenta é unha conduta aprendida en idade moi temprana e construida ao longo da vida. Esta conducta se reforza e sostén por un sistema de crenzas sociais que permiten determinadas condutas “masculinas” e esixe condutas femininas “axeitadas”. Os adultos cremos que os e as adolescentes actuais, ao ter máis fontes de información e máis recursos ao seu alcance, teñen moi claros os seus dereitos e manteñen unhas relacións afectivas igualitarias coa súa parella. Pero, en moitos casos, non é así, a violencia nas relacións de parella entre adolescentes está máis presente do que imaxinamos. Por outra parte vemos que si as relacións de parella son importantes en calquera ciclo vital, o son aínda máis nesta etapa da vida onde os sentimentos son mais intensos, onde se desperta ás relacións amorosas e onde se idealiza o amor, isto fai que sexa esta unha etapa de vida proclive a tolerar determinadas relacións abusivas ou que construan unha relación asfixiante, relación que pode permanecer no tempo en tanto non se suele identificar como abusiva. Comezan a establecerse as primeiras relacións de parella con certa estabilidade, as primeiras experiencias de amor e as primeiras relacións sexuais e o feito de que non sexan relacións de longa duración ou que os membros da parella sexan mozos non impide que o maltrato se produza. Moitos moz@s parten dunhas crenzas previas sobre as relacións de parella que son erróneas, actúan de maneira análoga aos seus referentes, entre os que destacan a súa familia, o seu entorno social e os medios de comunicación: televisión, cine, series, música, revistas mozas, redes sociais, etc. que lles transmiten un concepto idealizado do amor e fanlles asumir certos roles e normalizar a violencia. Un alto porcentaxe de moz@s pensa que se pode facer sufrir a quen se quere “no nome do amor”. Esta crenza está na base de todos os mitos e actitudes que enmascaran e perpetúan a violencia. Non identifican como maltrato as condutas de abuso psicolóxico, nin as de control do tempo, diñeiro, amigos, roupa, actividades, etc. Chantaxes, ameazas e incluso insultos á parella non son considerados por eles e elas como actos de violencia. Deste modo, moitos moz@s pensan que as agresións físicas, ás veces graves, só lles ocorren ás mulleres maiores. Polo tanto, é o momento de chamar a atención sobre aquelas cuestións que poden supoñer un perigo se non se fan visibles ou non se toman medidas que conduzan a manter relacións positivas, baseadas na igualdade.

Nestas charlas abórdanse contidos considerados clave para educar ás novas xeracións nun modelo de relacións entre mulleres e homes baseado na igualdade e no respecto, a través da desnaturalización de roles e estereotipos diferenciais en función do xénero, a desactivación do modelo idealizado do amor e dos mitos que del se derivan e a visibilización da relación entre a asunción deste amor romántico e as relacións de parella moitas veces dolorosas, conflitivas e, en moitos casos, violentas.

É, polo tanto, o noso obxectivo final  “Previr a violencia de xénero na poboación moza e adolescente a través da sensibilización en igualdade de dereitos de ambos sexos, a reflexión sobre as falsas crenzas que sustentan o concepto de amor, a potenciación de habilidades de resolución pacífica dos conflitos e a capacitación para detectar e identificar calquera tipo de maltrato.

 

<iframe width="420" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/5Lbroj-TnAY" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This