Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

Que é un Trastorno Alimenticio?

Un trastorno alimenticio é un enfoque na comida e o peso que ocasiona que un adolescente se vaia aos extremos cando se trata dos alimentos e de comer. Tres dos trastornos alimenticios máis comúns son o trastorno alimenticio de atracóns, a bulimia e a anorexia.

Os trastornos alimenticios con frecuencia se desenvolven durante a etapa da adolescencia ou a comezo da idade adulta. Son máis comúns entre as adolescentes pero pode afectar aos mozos tamén. Estes poden ser moi estresantes e dañinos para o bienestar xeral dun adolescente. Os efectos sociais incluen baixa autoestima e aillamento. Os trastornos alimenticios poden provocar graves problemas de saude que poden convertirse nunha ameaza para a vida.

Cales son os indicios de que un adolescente sofre un trastorno alimenticio?

Non é inusual que os adolescentes cambien os seus hábitos alimenticios de vez en cando. Alguns adolescentes experimentan cun estilo alimenticio diferente (por exemplo, unha dieta vexetariana) ou comezan unha dieta para baixar de peso. Eles ocasionalmente poden omitir algunha comida. Con frecuencia, estes cambios pasan rápidamente. Observe o comportamento dos adolescentes e os patróns alimenticios atentamente para que poida ver a diferenza entre dieta ocasional e un trastorno alimenticio.

Existen varios indicios e síntomas diferentes dos trastornos alimenticios.  Algunhas veces son obvios, pero non sempre. Con frecuencia, unha persoa esforzarase por ocultar un trastorno alimenticio.

Sinais e síntomas dos Trastornos Alimenticios comúns:

1. Trastorno alimenticio de Atracóns

  • Comer grandes cantidades de alimentos en pouco tempo
  • Comer aínda cando non ten fame
  • Comer ata o punto de sentirse incómodo
  • Sacar as agachadas os alimentos
  • Ocultar a comida
  • Comer so
  • Comer normalmente durante os tempos de comida e logo comer grandes cantidades de comida cando outros non están cerca
  • Sentirse disgustado, deprimido ou culpable despois de comer grandes cantidades de alimentos

2. Bulimia

  • Sacar as agachadas os alimentos
  • Esconder os recipientes vacíos de comida
  • Omitir as comidas ou comer so pequenas porcións
  • Evitar comer con outras persoas
  • Vomitar despois de comer
  • Tomar diuréticos ou laxantes
  • Xaxuar (non comer por un tempo)
  • Facer exercicio en exceso

3. Anorexia

  • Ser moi delgado
  • Sensación de sobrepeso a pesar de ser moi delgado
  • Ter medo de subir de peso
  • Obsesionarse coa comida
  • Contar as calorías, os carbohidratos e gramos de grasa constantemente
  • Crear “rituais de comida” (por exemplo, masticar cada bocado certa cantidade de veces)
  • Facer exercicio en exceso
  • Tomar pastillas, diuréticos ou laxantes
  • As adolescentes non teñen os seus períodos ou teñen períodos irregulares
  • Sensación de frío todo o tempo
  • Usar ropa holgada para ocultar a perda de peso

Que é o Trastorno alimenticio de Atracóns?

O trastorno alimenticio de comer en exceso é un trastorno no que o  adolescente regularmente (máis de 3 veces por semana) consume grandes cantidades de comida en pouco tempo (chamado atracón). Os adolescentes que teñen un trastorno alimenticio de atracón con frecuencia sinten vergoña pola cantidade de comida que inxiren. Eles poden ocultar a comida para os atracóns. Os adolescentes que teñen este trastorno con frecuencia intentan facer unha dieta sen ter éxito ou prometen deixar de comer tanto. El@s sinten que non poden controlar a necesidade de comer grandes cantidades de comida. Como resultado, tenden a ter sobrepeso ou son obesos.

Que é a Anorexia?

Os adolescentes que sofren de anorexia están obsesionados con estar delgados. Non queren comer e teñen medo de subir de peso. É probable que se preocupen constantemente por cantas calorías inxiren ou canta grasa teñen os seus alimentos. Poden tomar píldoras de dieta, laxantes ou diuréticos para perder peso. É probable que fagan demasiado exercicio. Os adolescentes que teñen anorexia polo xeral pensan que están gordos, incluso cando están moi delgados. Poden adelgazar tanto que se poden ver enfermos.

Que é a Bulimia?

Os adolescentes que teñen bulimia inxiren moita comida dunha soa vez (atracón) e logo a vomitan ou utilizan laxantes para sacar a comida do corpo (coñécese como purgar). Despois dun atracón, un adolescente que ten bulimia pode xaxuar (non comer por un período de tempo) ou facer exercicio en exceso para non subir de peso. Os adolescentes que padecen de bulimia tamén poden utilizar diuréticos, laxantes ou píldoras de dieta para “controlar” o seu peso. Con frecuencia intentan ocultar os seus atracóns e purgas. Eles poden ocultar a comida para os atracóns. Os adolescentes que teñen bulimia polo xeral están cerca do seu peso normal, pero o seu peso pode variar.

Que provoca os trastornos alimenticios?

Os médicos non saben exactamente qué provoca os trastornos alimenticios. Un adolescente que ten un trastorno alimenticio pódese sentir estresado ou molesto sobre algo na súa vida. Pode sentir a necesidade de ser perfecto ou estar “en control”. Alguns adolescentes poden reaccionar á maneira no que o seu corpo cambia durante a pubertade. A sociedade e as imaxes dos medios tamén poñen moita presión nos adolescentes para ser delgados. Esta presión pode contribuir tamén.

Riscos de saude:

1. Trastorno alimenticio de Atracóns

  • Aumento de peso
  • Condicións de saude relacionadas co sobrepeso e obesidade, tales como:
    • Enfermedade do corazón
    • Diabetes
    • Hipertensión arterial
    • Colesterol alto
  • Problemas estomacais

2. Bulimia

  • Aumento de peso
  • Problemas estomacais
  • Problemas cardíacos
  • Problemas renais
  • Problemas dentais
  • Morte, en casos graves

3. Anorexia

  • Problemas de concentración
  • Problemas estomacais
  • Problemas cardíacos
  • Problemas renais
  • Osteoporose
  • Pel e cabelo resecos
  • Debilidade
  • Morte, en casos graves

Como axudar aos adolescentes a que teñan unha actitude axeitada cara á comida e o exercicio?

  • Proporcione o mellor exemplo que poida cos seus propios hábitos alimenticios e de exercicio que sexan saudables.
  • Amóselle ao adolescente que vostede acepta o seu propio corpo. Non se queixe acerca do seu propio peso nin se diga a vostede mesmo que é gordo.
  • Demuestre aceptación polas diferentes formas e tamaños do corpo. Non critique o peso nin a aparienza física dos demáis.
  • Ensinelle ao adolescente que o que amosan os medios de comunicación non é a vida real. Os medios de comunicación so amosan modelos delgadas e persoas “perfectas”, cando as persoas reais veñen en todas as formas e todos os tamaños.
  • Evite facer comentarios sobre o peso ou a aparienza física do adolescente.
  • Proporcione moitas opcións de comida saudable na casa e no colexio.
  • Fale acerca dos beneficios da actividade física para manterse saudable e forte, non para perder peso.
  • Axude a construir a autoestima e respecto propio do adolescente. Feliciteo polos seus esforzos, pídalle que lle dé a súa opinión y anímeo a cultivar os seus talentos e intereses.
<iframe width="420" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/7JSvmU27ZHk" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This