Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

Na sociedade actual, complexa e en continuo cambio, é necesario transmitir ás xeracións futuras hábitos e valores que contribuen a desenvolver nelas unha conciencia cívica e cidadá. Pódese considerar a adolescencia como unha etapa da vida na cal coménzase a tomar as primeiras decisións independentes, a practicar eleccións e a acumular as aprendizaxes necesarias para chegar a ser un adulto autónomo en todos os aspectos. A pesar de poder describir rasgos comúns para este conxunto, a poboación nestas idades constitue un grupo social moi diverso, cuxas crenzas, valores, actitudes, expectativas e comportamentos difiren considerablemente, reflexando o coñecemento individual, a experiencia e un infinito abanico de influencias sociais, o que lles convirte claramente nunha poboación heteroxénea. Esta diversidade representa un reto para o diseño de intervencións educativas e sanitarias eficaces e efectivas. Sabemos que durante o período escolar obrigatorio, o alumnado pode adquirir información, valores e condutas que lle axudará a vivir unha vida saudable. A escola é, polo tanto, un espazo educativo crucial para a saude dos seres humanos. Tendo en conta, que as lesións por causas externas (traumatismos e envenenamentos) constituen a primeira causa de mortalidade durante a infancia, adolescencia e mocidade, e  que neste gran grupo de causas externas destaca pola súa magnitude os accidentes de tráfico, a prevención dos mesmos e a redución das lesións derivadas constituen unha prioridade para toda a poboación. Evidentemente, non é posible reducir os problemas derivados dos accidentes de tráfico se non temos moi claro que en todos os accidentes é posible a prevención. Aínda cando o accidente xa aconteceu, a utilización de todos os medios preventivos ao noso alcance permitirá reducir e incluso evitar a aparición de lesións e secuelas.

 Somos conscientes do papel que debe exercer a escola na formación do alumnado respecto da Educación Vial, para conseguir que os cidadáns asuman comportamentos claves en seguridade vial dentro dos seus hábitos cotiás de vida. Por todo isto, son obxectivos e metas irrenunciables e primordiais para nós conseguir entre os mozos, hábitos de vida sanos así como actitudes positivas fronte á saude e a seguridade vial. Faise necesario por tanto, para a educación integral das persoas unha educación vial, xunto coa educación e promoción da saude nun contexto de educación en valores. Os comportamentos viais deben incluirse entre os contidos elementais para conseguir unha educación cidadá integradora de todos os principios que fomenten a convivencia, a tolerancia, a solidaridade, o respecto, a responsabilidade e, en definitiva, un cauce para favorecer as relacións humanas nas vías públicas. Se trataría por tanto de fomentar a sensibilidade social ante un problema que nos atañe a todos e no que todos estamos obrigados a colaborar como membros activos da nosa sociedade. Con obxecto de facilitar a intervención no medio educativo elaboramos estas charlas. A súa finalidade é proporcionar ao alumnado de educación secundaria uns materiais motivadores  atractivos que lle facilite o traballar na aula toda a problemática relacionada coa seguridade vial. É evidente que a seguridade vial presenta diferentes necesidades segundo o nivel de ensinanza, habida conta a relación dos seres humanos co tráfico na súa vida diaria: xa sexa como peatóns, xa sexa ao desprazarse en bicicleta, motocicleta ou automóvil.

Os accidentes de tráfico:

Os accidentes de tráfico son frecuentes nas sociedades desenvoltas. Dada a súa magnitude algunhas persoas os consideran como unha auténtica epidemia das sociedades actuais. O noso obxectivo é situar ao alumnado na magnitude real na que nos movemos. Hai moitos accidentes de tráfico, demasiados.  É dicir, somos un dos países da Unión Europea que destaca no que se refire a accidentalidade de tráfico. Pretendemos transmitirlles que:

  • O problema dos accidentes de tráfico existe e ten unha gran dimensión. 
  • É un problema próximo. 
  • O factor humano é o causante da maioría dos accidentes de tráfico.
  • O accidente de tráfico tamén é un problema de saude.
  • Os accidentes pódense evitar adoptando medidas de prevención.
  • As consecuencias do accidente de tráfico comezan despois do accidente.
  • Non só a vítima sofre as consecuencias, senón toda a súa familia e seres queridos.
  • A maioría dos accidentes de tráfico poderían evitarse, ou cando menos, reducir a gravidade das lesións derivadas dos mesmos.
  • Todas as persoas somos peatóns nalgún momento.
  • Hai que facerse ver utilizando roupa axeitada cando se camiña pola carreteira.
  • Como peatóns temos uns dereitos, pero tamén temos uns deberes que cumprir.
  • A poboación máis moza é un colectivo de risco fronte aos accidentes de tráfico
  • O comportamento da xente moza fronte á condución é diferente do das persoas adultas, en determinados aspectos.

O teléfono móvil e os accidentes de tráfico:

O uso do teléfono móvil está cada día máis extendido na poboación. Este uso faise tamén extensivo á poboación condutora, a pesar de que está suficientemente demostrado que aumenta significativamente o risco de sufrir un accidente. Segundo estudos da Dirección Xeral de Tráfico o uso do teléfono móvil multiplica por seis o risco de provocar un accidente de tráfico. Pretendemos transmitirlles que:

  • O uso do teléfono móvil mentras se conduce incrementa o risco de sufrir un accidente.
  • O teléfono móvil aumenta a distración e disminue os reflexos ao volante.
  • O uso de teléfono móvil sen dispositivo de mans libres mentras se conduce está sancionado.

Tipos de bebidas alcohólicas:

Cando falamos do alcohol nos referimos ao alcohol etílico ou etanol. A presenza de alcohol nunha bebida é o aspecto diferencial, por iso falamos de bebidas alcohólicas. Tipos de bebidas alcohólicas: Éstas poden ser bebidas fermentadas e bebidas destiladas. ¸ A bebida fermentada procede dun froito ou dun grao (uva, mazá, cebada) que, pola acción de levaduras, sufríu unha fermentación alcohólica. Durante ese proceso, a maior parte dos azúcares se transforman en alcohol. ¸ Ás bebidas que sufriron fermentación alcohólica e, posteriormente, son sometidas a un proceso de destilación, se as coñece como bebidas destiladas (brandy, whisky, ron, ginebra e licores en xeral) que teñen maior contido en alcohol que as bebidas fermentadas. Non existe un límite de seguridade de consumo de alcohol, e menos en menores de idade. Pretendemos transmitirlles que:

  • A proporción de alcohol nunha bebida é o que se denomina graduación alcohólica.
  • O contido ou graduación alcohólica é moito maior entre as bebidas destiladas que entre as fermentadas.
  • Non existe un límite seguro de consumo de alcohol e menos en menores de idade: todo consumo de alcohol conleva un risco para a saude.
  • O alcohol se absorbe polo tracto gastrointestinal.
  • A súa absorción é máis rápida co estómago baleiro e se retrasa coa presenza de alimentos.
  • A concentración de alcohol en sangue está en relación directa coa cantidade de alcohol consumido.
  • O peso, a constitución das persoas (cantidade de grasa) e o sexo son factores que influen na concentración de alcohol en sangue tras a inxesta do mesmo.
  • As mulleres acadan maiores niveis de alcohol en sangue que os varóns a igual peso e cantidade de alcohol consumido.
  • En xeral, os efectos do alcohol son directamente proporcionais a súa concentración en sangue: a maior concentración maior deterioro.
  • O alcohol é un depresor do sistema nervioso central. Non ten efectos estimulantes. O alcohol deteriora e incapacita á persoa para conducir con seguridade.
  • O alcohol produce efectos negativos sobre a condución de vehículos incluso por debaixo do límite legal. O alcohol aumenta o tempo que o noso organismo necesita para recibir a información, procesala e responder. Ao límite legal 0.5 gramos de alcohol por litro en sangue, o tempo de reacción aumenta de 1 segundo a 1.5 segundos.
  • Conducir baixo os efectos do alcohol é –desgraciadamente- frecuente.
  • A implicación do alcohol nos accidentes de tráfico é considerable en todos os países desenvoltos. Conducir baixo os efectos do alcohol se asocia a un maior risco de accidente de tráfico.
  • Os mozos son particularmente vulnerables aos efectos do alcohol e en particular aos seus efectos sobre a capacidade para conducir con seguridade.
  • As tasas de alcoholemia actualmente en vigor por riba das cales non se permite a circulación son 0.5 g/l de alcohol en sangue (ó 0.25 mg de alcohol por litro de aire espirado) como norma xeral, e 0.3 g/l (0.15 mg/l en aire espirado) no caso de transporte público, de mercancías perigosas, etc.
  • O límite establecido para conducir durante os dous primeiros anos é de 0.3 g/l de alcohol en sangue.
  • A sanción por conducir con tasas maiores das permitidas constitue unha infracción moi grave, que pode acarrear unha suspensión do permiso de conducción de ata tres meses.

Drogas e condución de vehículos:

Ás distintas susbtancias ou drogas, é preferible denominalas como drogas de abuso, para evitar a equivocación que pode aparecer con textos nos que inaxeitadamente se traduce o termo inglés “drug” por droga, xa que neste idioma “drug” pode significar tamén medicamento (é o significado máis frecuente) e tóxico.

a) Depresoras. Son aquelas substancias, cuxa gran parte dos efectos que producen, se deben á depresión ou inhibición que orixinan na función do sistema nervioso central. Predominan os efectos subxectivos do tipo relaxación, bienestar, etc., e obxectivamente se producen efectos do tipo sedación, somnolencia, etc.

b) Estimulantes. Son un grupo de substancias que se caracterizan porque os efectos predominantes sobre o sistema nervioso central ou cerebro son de estimulación. As persoas que os consumen suelen referir efectos subxectivos de tipo euforia, estimulación, irritabilidade, etc. Obxectivamente nestas persoas se observa unha estimulación cardiaca (taquicardia), unha elevación da tensión arterial, insomnio, etc.

c) Perturbadoras. A este grupo de substancias se as coñece con outros nomes como perturbadoras da percepción, psicotomiméticos e ás veces –aínda que incorrectamente como alucinóxenos. A característica común a todas elas é que ocasionan unha alteración da percepción (dos estímulos). Ademáis deste efecto perturbador, as distintas substancias poden ter en maior ou menor grao efectos depresores ou sedantes.

Pretendemos transmitirlles que:

  • A pesar de que o consumo de drogas é un fenómeno frecuente na poboación, incluso entre escolares, debemos tamén destacar que unha gran maioría da poboación non consume este tipo de substancias nocivas.
  • Conducir baixo os efectos de drogas supón un gran risco para a circulación.
  • Se debe incidir asimesmo, en non subir nun vehículo si a persoa que conduce consumiunas, e utilizar o transporte público.
  • Tomar varias drogas, incluindo alcohol, supón un gravísimo risco.
  • Debe falarse de drogas de síntese (porque se obteñen por síntese química a partir de precursores xeralmente tamén sintéticos) e evitar o denominalas drogas de diseño.
  • A lexislación española prohíbe conducir cando se inxeriron drogas ou estupefacentes.
  • A sanción pola condución baixo os efectos de drogas de abuso constitue unha infracción administrativa moi grave, que pode acarrear unha suspensión do permiso de conducción de ata tres meses.

Medicamentos e condución:

Os medicamentos non son a principal causa da accidentalidade por tráfico. Sen embargo, dado que unha gran parte da poboación está en tratamento con fármacos, éste é un aspecto que non debe esquecerse. Estímase que un 5-10% dos accidentes de tráfico pudieran deberse a que a persoa que conducía estaba baixo os efectos de algunha medicación. A maior parte dos medicamentos son consumidos por persoas que sofren algunha enfermidade. Algunhas patoloxías disminuen a capacidade para conducir con seguridade. En determinados casos pódese asumir que o tomar a medicación, ao controlar ou estabilizar a situación clínica, permite á persoa conducir “mellor”. Non obstante a aparición de determinados efectos adversos ou tóxicos (como a sedación, a visión borrosa, etc.) deteriora a capacidade para conducir con seguridade. É por iso que a relación entre medicamentos/enfermidade e conducción de vehículos é complexa.

Pretendemos transmitirlles que:

  • O consumo de medicamentos é frecuente. Iso non é bo nin malo. Só constata un feito: o utilizalo axeitadamente é importante.
  • As persoas enferman con frecuencia. Para curar ou controlar as enfermidades é preciso tomar uns medicamentos prescritos polo médico.
  • A medida que se ten maior idade, máis frecuentemente se padecen enfermidades e maior é o consumo de medicamentos.
  • Debe evitarse a automedicación: os medicamentos deben tomarse baixo control facultativo.
  • A presenza de medicamentos nas persoas falecidas en accidente de tráfico é “relativamente” frecuente.
  • A asociación de medicamentos con alcohol/drogas é particularmente perigosa de cara a unha condución de vehículos segura. Os medicamentos son productos legais baixo control e regulación por parte da administración sanitaria. O prospecto dos medicamentos está elaborado baixo supervisión e aprobación das autoridades sanitarias. O prospecto inclue información sobre “condución de vehículos e utilización de maquinaria”. Cando se indica que pode afectar á condución de vehículos debe tomarse en serio e evitar conducir.
  • Como norma xeral non se debe inxerir nunca alcohol cando se está tomando medicación. Habitualmente ao mexturalos se potencian os efectos adversos para a condución.
  • A enfermidade / medicación son factores que poden afectar á capacidade para conducir con seguridade.
  • Ante a enfermidade / medicación é preciso consultar con profesionais sanitarios e seguir as súas instruccións.

Dispositivos de seguridade e prevención das lesións de tráfico:

O “factor humano” suele ser determinante nun alto porcentaxe dos accidentes de tráfico. Sen embargo, podemos afirmar que o vehículo xoga un importante papel cando se trata de minimizar o risco en diferentes situacións nas que pode verse implicado. Desta maneira os sistemas de seguridade dun vehículo poden influir disminuindo a probabilidade de que se produza un accidente (sistemas de seguridade activa) e reducindo no posible os danos que sufra cada ocupante unha vez producido o accidente (sistemas de seguridade pasiva). A característica común a ambos dispositivos de seguridade é que o primeiro factor limitante da súa eficacia é, precisamente, a mala utilización destes dispositivos por parte das persoas nos vehículos. Con esta charla pretendemos concienciar ao  nosos alumnado sobre a necesidade de utilizar o cinturón de seguridade no automóvil e do casco en motos, ciclomotores e bicicletas.

Pretendemos transmitirlles que:

  • Abrocharse o cinturón é abrocharse á vida (cartel campaña divulgativa da DGT 2003).
  • Non levar o cinturón abrochado non só aumenta a probabilidade de falecer en caso de colisión, senón tamén de quedar en cadeira de rodas.
  • O cinturón sempre: diante e detrás, en carreteira e en cidade.
  • No medio urbano hai un elevado risco de quedar con importantes secuelas na vista, a cara, a cabeza e o cerebro por non levar o cinturón de seguridade.
  • O airbag non serve para nada se non facemos uso do cinturón.
  • Non vaias no coche de quen non se pon o cinturón. Non querrás ver o que sofre se ten un accidente.
  • A utilización correcta do casco é unha obrigación tanto legal como moral.
  • A xustificación para a utilización do casco non só radica na menor probabilidade de falecer, senón tamén de sufrir lesións que reducen a calidade de vida de modo substancial (secuelas cerebrais e lesións medulares, por exemplo).
  • O primeiro paso que unha persoa moza da para conducir unha moto sen casco é acceder a ir de acompañante de alguen que non utiliza casco.
  • O casco pode perder a súa utilidade si recibe un golpe. Só con caer ao chan a unha altura maior de metro e medio pode quedar defectuoso.
  • Non debemos utilizar cascos que haxan sido usados por outros.
  • Sempre se debe levar o casco de tamaño axeitado e debidamente suxeito, do contrario no nos protexerá.

O vehículo e o medio ambiente:

Desde o punto de vista medioambiental o automóvil é un “producto” que contamina durante o proceso de fabricación, durante o seu período de utilización e segue contaminando cando queda fora de uso. O proceso de fabricación de automóviles é o que menos problemas ocasiona desde o punto de vista das emisións contaminantes e do seu control, debido a que a actividade empresarial está sometida a un importante control normativo e a que ao realizarse en lugares perfectamente definidos, o control sobre os residuos é máis fácil. A principal incidencia ambiental do vehículo ten lugar na fase de utilización. Neste módulo se considerarán solamente os problemas de contaminación que derivan da utilización e desecho do automóvil.

Pretendemos transmitirlles que:

  • Os gases emitidos polos automóviles son unha das causas da contaminación atmosférica nas cidades.
  • O uso do transporte público disminuiría esta contaminación de forma eficaz.Os gases contaminantes orixinan ou agravan as enfermidades das persoas.
  • A comunidade educativa debe ser promotora de entornos saudables sen humo, tanto na escola como na vida diaria.
  • A contaminación por residuos líquidos (aceite de motores, líquido de freos, etc.) pode alcanzar os acuíferos e afectar á calidade de vida.
  • Os residuos sólidos deben ser reciclados para evitar a proliferación de espazos para desguaces e como valor económico das materias primas obtidas da súa reciclaxe.
  • O incremento do parque automovilístico provoca contaminación atmosférica, acústica e paisaxística.
  • O estrés que orixina o ruido é causa directa de enfermidades tanto físicas como psíquicas.
  • A contaminación paisaxística é un problema para os países desenvolvidos, polo posible incremento da rede viaria en zonas protexidas.
  • O aumento do parque automovilístico disminue espazos para disfrutar da rúa.

Movilidade sostible e actividade física:

Unha das consecuencias negativas do problema actual da movilidade é a dependencia dos sistemas de transporte motorizado á hora de desprazarse, e a oportunidade que isto resta a outras posibilidades ou formas de desprazamento. Entre esas posibilidades destacan, pola súa importancia para a saude, aquelas que supoñen a realización dalgún tipo de actividade física, como son o desprazamento a pe, ou en bicicleta. Esta realidade resulta xeralizable noutros ámbitos da vida, e así, se remata chegando a unha situación onde a práctica de actividade física é sistemáticamente relegada ou suprimida por outro tipo de ocupacións de carácter inactivo, e que se coñece como sedentarismo. O sedentarismo como forma de vida, que se está producindo nas sociedades máis desenvolvidas, se relaciona cun aumento global da morbilidade e a mortalidade, ao favorecer o desenvolvemento de diversas patoloxías.

Pretendemos transmitirlles que:

  • Camiñar é un exercicio excelente para a saude.
  • Desprazarse en bicicleta é moito máis divertido que ir en coche.
  • O transporte público precisa 50 veces menos espazo que o transporte privado.
  • Os deprazamentos se deben planificar para reducir o uso innecesario do vehículo e utilizar os medios de transporte colectivos sempre que sexa posible.
  • A actividade física realizada con regularidade influe posititivamente sobre a saude, sobre todo durante o proceso de crecemento e desenvolvemento.
  • Sempre hai tempo para practicar actividade física ou deportiva; é cuestión de organizarse.
  • A actividade física influe tamén positivamente a nivel psicolóxico.
  • A introdución da actividade física na vida cotiá e unha dieta equilibrada son os mellores reguladores para acadar o peso ideal.

Comportamento ante un accidente de tráfico:

Os coñecementos sobre cal debe ser a actuación ante un accidente de tráfico ou ante unha situación de emerxencia no noso país en xeral son escasos, máis aínda si facemos referencia ao alumnado ao que se dirixe esta formación. As actuacións incorrectas poden por en perigo a vida das persoas que prestan a súa axuda, das persoas feridas, ou dar orixe a importantes lesións, que de haber actuado correctamente non se habrían producido. Deixar de actuar pode orixinar unha morte que cunha sinxela maniobra podería evitarse. As normas e técnicas elementais que deben coñecerse para enfrontarse a un accidente de tráfico están ben estruturadas, e aplicalas pode salvar vidas, evitar e minimizar lesións. A trascendencia non só persoal, senón familiar, social e económica, que pode ter unha actuación incorrecta, fai imprescindible que se impartan charlas  promovendo dito aprendizaxe desde idades tempranas. Debemos conseguir que a poboación teña conciencia da necesidade de adquirir estes coñecementos para que poida actuar eficazmente ante situacións de emerxencia como o accidente de tráfico.

Pretendemos transmitirlles que:

  • Todos os seres humanos estamos obrigados a prestar axuda en caso de accidente.
  • Cando se presta auxilio nun accidente de tráfico debe facerse de forma organizada co fin de gañar o maior tempo posible (lembra que os primeiros minutos son vitais para salvar a unha persoa).
  • En todo accidente de tráfico, as normas de actuación a seguir son: protexer, avisar e socorrer.
  • Socorrer a unha vítima nos primeiros momentos pode evitarlle a morte ou minimizar as secuelas.
  • A primeira atención ás persoas lesionadas nun accidente de tráfico, a cargo de persoas preparadas, redundaría nun importante descenso das lesións e do número de vítimas.
<iframe width="420" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/yZTv0vWM5TA" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This