Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

O obxectivo destas charlas pertenecentes ao Departamento de Orientación deste Centro é que os nosos alumn@s entendan e asuman as súas responsabilidades cando se poñen enfronte dun ordenador e comparten as súas experiencias na rede.
Son moitos os riscos que corren os nosos alumn@s navegando por Internet se non seguen os consellos dunha navegación segura e non recibiron unha correcta información acerca dos perigos e trampas que lles acechan.

Cales son os consellos fundamentais que deben seguir os nosos alumn@s nas redes sociais?

– Cando me faga un perfil social, configurarei axeitadamemnte a privacidade para que o contido que publique só poida ser visto polos meus amigos.
– Terei en conta que as persoas que coñezo por internet son descoñecidos na vida real, NON SON OS MEUS AMIGOS.
– Non publicarei información persoal como o meu teléfono, dirección etc, en Internet
– Cando se publica unha foto en Internet, pérdese o control sobre a súa difusión e duración. Aínda que despois se borre, non desaparece da Rede.
– En Internet hai que comportarse con respecto e educación. Non fagas a outros o que non queiras que che fagan a tí.
– Denuncia ás persoas ou as accións que perxudiquen aos demáis. Se coñeces alguen que esté sendo acosado, DENÚNCIAO.
– Si adquires un teléfono movil con internet, desconecta a opción de xeolocalización, asi cando publiques no teu muro desde o movil, ninguén saebrá onde estás.
– Gardarei as conversas do chat, xa que te pode ser útil en caso que haxa algún problema.
– Si me acontece algo que non me faga sentir ben en Internet, se comunicareillo aos meus pais. Teño que saber dicir NON ás cousas que non queira facer e contar cos meus pais que son os meus mellores aliados.
– O mellor filtro para Internet é o coñecemento.

Cales son os riscos para os nosos alumn@s en Internet e nas redes sociais? 

Desas novas formas de comunicarse xurdiron novos riscos ou formas de acoso cun impacto fatal como o grooming, unha práctica a través da cal un adulto se gaña a confianza dun menor  cun propósito sexual. O sexting ou intercambio de fotografías ou vídeos con contido erótico entre os propios moz@s coas que logo chegan a extorsionarse causando danos psicolóxicos importantes. Por outra parte, existe o coñecido como ciberbullying ou acoso entre menores que en Internet polo seu carácter global, supón un alcance que pode chegar a xerar moito dano non só ao menor senón a súa familia e amigos.

Como advertirlles dos perigos desta nova forma de comunicación?

Os nosos alumn@s  teñen que valorar a comunicación física por riba da que poidan entablar a través das novas tecnoloxías. As ventaxas de coñecer ao interlocutor fronte aos riscos de non facelo. A súa educación é a base dun futuro Internet máis seguro. Así, é importante decirlles que teñen que ter en conta que falar habitualmente cun descoñecido en internet, non lle convirte en coñecido. A adicción ás novas tecnoloxías é un problema en alza que os pais non deben descoidar e darlle a importancia que ten. O tempo que pasen os nosos alumn@s en Internet ten que estar limitado, segundo sexan as motivacións de uso da rede e a idade.
<iframe width="420" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/5wDcrXiKGE0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This