A Receita Estrela da Excelencia Educativa
Queres ser un docente excelente?
Podemos falar de excelencia desde moitos ámbitos: a política educativa, a administración, a formación do profesorado… Sen embargo, no que eu quero centrarme é nos propios mestres, naquelas accións que poden facer día a día nas súas aulas. Polo efecto volvoreta, porque un pequeno cambio pode xerar grandes resultados.
Co tempo decateime de que a excelencia educativa componse dunha serie de elementos que van enriquecendo o proceso educativo. E é por iso que non quero centrarme só nun, senón destacar aqueles que considero esenciais, eses ingredientes maxistrais que, desde o meu punto de vista, non poden faltar no plato, e que o fan moito máis rico!
Esta é a miña receita estrela da excelencia educativa!
1. Paixón
A paixón é o meu motor, en todos os ámbitos da miña vida. E a considero fundamental, creo que si pos paixón no que fas, xa tes unha gran parte do traballo feito porque, indirectamente, levarache a realizar moitas accións que faranche destacar na túa labor.
Na nosa profesión, a paixón está moi vinculada á VOCACIÓN, que si ben é importante en calquera ámbito, no educativo é un requisito.
Sen embargo, a paixón polo traballo, como calquera tipo de amor, hai que coidalo, hai que cultivalo, e para iso podes axudarte de moitas estratexias:
- Marcarte pequenos obxectivos.
- Identificar e festexar os teus logros.
- Deixar de queixarte.
- Ter optimismo.
- Pensar nos beneficios do teu traballo.
- Sonreír… ti escolles a túa actitude (é a nosa maior liberdade).
- Lembrar que te empurrou a adicarte á docencia.
- Etc.
E ante as dificultades, porque todo o mundo ten días difíciles:
- Primeiro, preguntarte o para qué, que podo aprender disto?
- E ao día seguinte, reset, volver cunha sonrisa. É un novo día e unha nova oportunidade.
A paixón ten unha especial cualidade, e é que non pode non transmitirse, non contaxiarse, non chegar. Hai que transmitir esa paixón aos nosos alumn@s, a paixón por aprender e por crecer como persoas. Hai que conseguir que os seus ollos brillen.
2. Formación
Probablemente a paixón te leve a moverte, a formarte, a indagar, a estar en mellora continua. A escola, por fin, está cambiando, e non podemos dar as costas a todos os novos coñecementos que están ao noso alcance (neuroeducación, TIC, novas formas de ensinar e aprender…). Ademáis, hoxe en día, accedemos ao coñecemento de maneira máis fácil que nunca. Aparte da educación formal, temos libros, páxinas web, vídeos, cursos, encontros… O que quere formarse, atopa a maneira de facelo!
E, para rematar, non podemos esquecer unha importante fonte de coñecemento: os nosos propios alumn@s.
3. Intelixencia Emocional
O primeiro paso que hai que dar como mestre é desenvolver a propia intelixencia emocional, ser un bo modelo de competencia emocional para os nosos alumn@s, xa que eles aprenden por imitación, e de pouco serve o que lles digas de palabra, porque eles aprenden o que ven.
Por outro lado, hai que levar a emoción ao aula, de maneira transversal e tamén a través de programas específicos de educación emocional. Un aspecto importante é traballar todas as competencias emocionais, non quedarse só co etiquetado de emocións. Identificar e por nome ás emocións está moi ben, pero non hai que esquecer que só é o primeiro paso. De que nos serve coñecer as emocións si logo nos desbordan? Se non somos capaces de autoxestionar o propio bienestar emocional e disfrutar da vida? As 5 competencias emocionais, según o modelo de Bisquerra, son:
- Conciencia emocional: é a capacidade para tomar conciencia das propias emocións (identificalas e etiquetalas) e das emocións dos demáis (implicarse empáticamente), así como a capacidade para captar o clima emocional dun contexto determinado. Inclue tamén a toma de conciencia da interacción entre emoción, cognición e comportamento.
- Regulación emocional: é a capacidade para manexar as emocións de forma apropiada. Inclue a expresión emocional apropiada, a regulación de emocións e sentimentos (impulsividade, tolerancia á frustración, perseverar no logro de obxectivos a pesar das dificultades, capacidade de postergar recompensas inmediatas a favor doutras máis a longo prazo pero de orde superior…), as habilidades de afrontamento de retos e conflitos, e a competencia para autoxerar emocións positivas.
- Autonomía emocional: é un concepto amplio que inclue un conxunto de características e elementos relacionados coa autoxestión persoal, entre os que se incluen a autoestima (ter unha imaxe positiva de un mesmo), a automotivación(motivación e emoción van da man; automotivarse é esencial para dar un senso á vida), autoeficacia emocional (percepción de que se é capaz/eficaz nas relacións sociais e persoais grazas ás competencias emocionais),responsabilidade (capacidade para responder dos propios actos), actitude positiva(decidir adoptar unha actitude positiva ante a vida), análise crítico das normas sociais (non adoptar comportamentos estereotipados propios dunha sociedade irreflexiva e acrítica) e resiliencia (capacidade de superar as adversidades e sair fortalecido delas).
- Competencia social: capacidade de manter boas relacións con outras persoas. Inclue dominar as habilidades sociais básicas (a primeira é escoitar), respecto polos demáis (aceptar e apreciar as diferenzas individuais e grupais e valorar os dereitos de todas as persoas), comunicación receptiva (atender aos demáis tanto en comunicación verbal como non verbal para percibir os mensaxes con precisión),comunicación expresiva (expresar os propios pensamentos e sentimentos con claridade), comportamento prosocial e cooperación (realizar accións en favor doutras persoas, sen que o soliciten), asertividade (capacidade para defender e expresar os propios dereitos, opinións e sentimentos ao mesmo tempo que se respecta aos demáis, coas súas opinións e dereitos), prevención e solución de conflitos (capacidade para identificar, anticiparse ou afrontar resolutivamente conflitos sociais e problemas interpersoais) e capacidade para xestionar situacións emocionais (reconducción de situacións emocionais en contextos sociais, activar estratexias de regulación emocional colectiva).
- Competencias para a vida e o bienestar: capacidade para adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios da vida. Inclue fixar obxectivos adaptativos (positivos e realistas), a toma de decisións (sen dilación e asumindo a responsabilidade das propias decisións), buscar axuda e recursos (identificar a necesidade de apoio e saber acceder aos recursos dispoñibles apropiados), bienestar emocional (gozar de forma consciente de bienestar e procurar transmitilo ás persoas coas que se interactúa) e fluir (xerar experiencias óptimas na vida profesional, persoal e social).
Por último, non podemos obviar os últimos avances en neurociencia que demuestran que as emocións son a base máis importante sobre a que se sustentan todos os procesos de aprendizaxe e memoria. As emocións encenden e manteñen a curiosidade e a atención. Emoción-cognición é un binomio indisoluble!
4. Coaching
Si ben a intelixencia emocional é algo que nos atrae desde hai tempo, teño que recoñecer que o coaching tamén. Menudo descubrimento! Por decilo dalgunha maneira, foi o complemento ideal que rematou de dar senso a todo, a media laranxa da intelixencia emocional.
O coaching é un cambio de visión, un “educar ao ser” e potenciar que os nosos alum@s destaquen por sí mesmos. Desde o meu punto de vista, temos que erradicar unha frase moi arraigada na nosa sociedade que dí que na casa se educa e na escola se ensina. Traballamos con persoas e pódese e débese facer moito máis que transmitir coñecementos. Algunhas dinámicas de aula como a aprendizaxe cooperativo ou por proyectos, por exemplo, o favorecen.
Quen queira e poida formarse en coaching, estupendo, será unha maravillosa experiencia que lle brindará moitas ferramentas a nivel persoal e profesional, pero se non, en calquera caso se poden realizar algunhas pequenas accións no día a día nas nosas aulas, que marcarán un gran cambio:
- Falar menos e escoitar máis.
- Realizar preguntas abertas.
- Crear rapport.
- Utilizar metáforas.
- Facer que os nosos alumn@s busquen por sí mesmos as solucións, tanto no aspecto académico coma no persoal, relacional…
Si queredes introducirvos no coaching educativo, podedes comezar co libro «Coaching educativo: Las emociones, al servicio del aprendizaje «. O coaching na escola pódese por en práctica na aula cos nosos alumn@s, en titorías cos pais, en comisións de traballo, o claustro, no equipo directivo…
E, en calquera caso, sempre podedes buscar experiencias e técnicas que poidan axudarvos. Hai moitísimas dinámicas de fácil aplicación que axudarán aos vosos alumn@s a coñecerse mellor, a definir os seus obxectivos e a deseñar un plan de acción para conseguilo! Trátase de educar para a vida.
5. Compartir
As boas prácticas hai que compartilas, e conseguir que se fale da educación en positivo. Hai moitísimos docentes que fan un magnífico traballo y que pode resultar moi enriquecedor para todos. Pódese compartir cos propios compañeir@s, no claustro, en xornadas, en encontros e, por suposto, a través de internet. Trátase de contaxiar.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)
Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es