Por orientación académica e profesional entendemos a axuda que o Orientador presta aos alumn@s para axudarlles a descubrir a súa vocación, e a cubrir con éxito as metas intermedias que debe ir superando para poder realizala cando chegue á madurez. Esa axuda debe facilitar a aprendizaxe de “a toma de decisións vocacionais, con obxecto de que logre un óptimo de realización persoal e de integración social a través do mundo do traballo” (Castaño López-Mesa, C.)
A orientación académica e profesional foi denominada tradicionalmente como orientación profesional e vocacional. Nas súas orixes (comezos do século XX) tratábase dunha axuda para o axuste da persoa ao lugar de traballo máis idóneo as súas características persoais. Será durante a década dos 50 cando se amplía esta concepción restrinxida e se acuña o termo de orientación para a carreira (para todo o ciclo vital) ao entenderse a carreira como a secuencia de roles profesionais polos que pasará unha persoa ao longo de toda a súa vida.
Nas sociedades avanzadas os sistemas educativos adquiriron unha notable complexidade: son moito menos monolíticos que fai medio século, ofrecen unha maior diversidade e optatividade, e permiten que o alumnado poida circular por eles seguindo itinerarios non coincidentes para todos os alumn@s. Pero isto conleva tamén maiores dificultades para o propio alumnado: o sistema obrigalles a escoller entre posibilidades, a ter que tomar decisións. Elección de posibilidades e toma de decisións que irán afectando ao seu itinerario, en tanto en cuanto as eleccións e decisións futuras dependerán das anteriores.
Únese aquí á necesidade da orientación profesional a da orientación académica, entendida ésta, neste contexto, como a necesidade de orientar ao alumnado para o coñecemento do propio sistema educativo, coas súas posibilidades de itinerarios distintos que levan a metas futuras distintas, pero cuxa consecución hai que preparar desde agora.
Asimesmo, o individuo nas sociedades actuais, pode cambiar varias veces de ocupación, o que implicará a adopción dun conxunto de decisións que irán máis aló da mera transición da institución educativa ao mundo do traballo.
Hoxe as profesións multiplicáronse en número, presenta unha fisonomía cambiante debido ao avance científico e dos medios tecnolóxicos; isto leva tamén á desaparición de determinadas profesións e á aparición de novos campos profesionais. Escoller unha profesión non é xa hoxe rematar un proceso, senón comezar un novo, cubrir unha etapa no “desenvolvemento da carreira” que fará que o suxeito teña que optar e tomar decisións no futuro.
É por iso, que a orientación educativa deba abordar a orientación profesional e vocacional desde esta perspectiva máis amplia e axustada ás necesidades actuais, e así se recolle no noso marco normativo vixente.
Estas Charlas de Orientación Académico Profesional que se impartirán no 2º trimestre e están dirixidas a 4º da ESO pretenden conducir aos nosos alumn@s ao coñecemento das distintas opcións educativas que existen na actualidade, cara ao coñecemento de si mesmos e das súas posibilidades (aptitudes, actitudes, intereses, motivacións e tamén as súas propias limitacións…) e a fomentar neles o seu grao de madurez e de toma de decisións en canto ás opcións que se lle presentan tanto académicas como profesionais e decidir por sí mesmos/as sobre o seu futuro inmediato da forma máis responsable posible.
Xa que este curso deberedes tomar decisións importantes que influiran na vosa futura vida profesional e laboral. Teredes que seguir cos estudos de Bacharelato, cursar un ciclo formativo ou acceder ao mundo laboral. Para isto é moi importante e necesario que os informemos das distintas alternativas académicas e profesionais que poidades seguir, coñecer os requisitos necesarios para cada estudo ou profesión, mellorar o autocoñecemento das vosas características persoais, as vosas aptitudes e habilidades, e os vosos intereses, contrastar os vosos desexos e posibilidades e tomar a decisión máis acertada.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)
Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es