HABILIDADES SOCIAIS
É fundamental prestar especial atención ao desenvolvemento das habilidades sociais, xa que en primeiro lugar son imprescindibles para a adaptación dos nosos alumn@s ao contorno no que se desenvolven as súas vidas, e posteriormente estas habilidades proporcionaranlles as ferramentas para desenvolverse como adultos na esfera social, sendo a base clave para sobrevivir de maneira sana tanto emocional como laboralmente.
A falta ou escaso desenvolvemento de habilidades sociais, pode ser algo doloroso para as persoas. Os seres humanos vivimos en sociedade, é parte da nosa natureza, é por iso que a comprensión das relacións e das demáis persoas é algo imprescindible para unha vida emocionalmente sana. E isto ten repercusión nos demáis ámbitos da vida, escolar, laboral, sentimental, persoal, etc.
PUNTOS CLAVE DAS HABILIDADES SOCIAIS.
-
Adquirense a través da aprendizaxe. Non son innatas, os nen@s desde o nacemento aprenden a relacionarse cos demáis. Se sinten de determinada maneira, teñen determinadas ideas e actúan en función destas.
-
Son reciprocas por natureza. As habilidades sociais, requiren para o seu desenvolvemento a relación con outras persoas.
-
Incluen condutas verbais e non verbais. É tan importante o que se di como outros aspectos que non se din.
-
Están determinadas polo reforzamento social (positivo ou negativo). Determinadas condutas repitense se teñen un reforzo interpretado como positivo (acorde coas súas ideas e sentimentos) ou negativo (en desacordo).
-
Son capacidades formadas por un repertorio de crenzas, sentimentos, ideas e valores. Istos son a base da conduta social. As persoas interpretan as situacións e deciden a actuación.
-
Están interrelacionadas co autoconcepto e a autoestima. Os resultados das relacións sociais influen no autoconcepto e na autoestima e estes a súa vez son cruciais para as diferentes condutas no medio social.
-
Son necesarias para o desenvolvemento integral das persoas. A persoa se desenvolve e aprende en interacción cos demáis.
CALES SON AS HABILIDADES SOCIAIS BÁSICAS?
-
Apego: capacidade de establecer lazos afectivos con outras persoas.
-
Empatía: capacidade de porse no lugar do outro e entendelo.
-
Asertividade: capacidade de defender os propios dereitos e opinións sen danar aos demáis.
-
Cooperación: capacidade de colaborar cos demáis para lograr un obxectivo común.
-
Comunicación: capacidade de expresar e escoitar. Sentimentos, emocións, ideas, etc.
-
Autocontrol: capacidade de interpretar as crenzas e sentimentos propios e controlar os impulsos.
-
Comprensión de situacións: capacidade para entender as situacións sociais e no tomalas como algo persoal, ou culparse de determinadas cousas.
-
Resolución de conflitos: capacidade para interpretar un conflito e sacar alternativas de solución ao mesmo.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)
Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es