A Educación Sexual é hoxe unha demanda social, baseada no dereito dos adolescentes a ter información sobre esta materia. Esta información debe ser rigurosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saude, pracer e afectividade. Neste senso é imposible separar sexualidade e afectividade. Se pretendemos construir unha sociedade na que homes e mulleres poidamos convivir en igualdade e sen discriminacións, é imprescindible proporcionar ao alumnado unha educación afectiva e sexual de calidade, pois a ausencia desta non só influirá en posibles disfuncións sexuais senón que tamén impedirá transformar as bases sociais para favorecer a construción dunha sociedade máis democrática. Non podemos esquecer que si ben a sexualidade humana está íntimamente ligada ao privado tamén está regulada social e culturalmente.
Ideas clave
• A sexualidade humana é froito da interacción cognitiva. Non xurde, exclusivamente, nin coma froito da bioloxía nin coma copia dos modelos culturais.
• A Educación Sexual, é un proceso de construción dun modelo que representa e explica a sexualidade humana e o xénero.
• Caracterízase por ser un proceso lento, gradual e complexo.
• Favorecer a constrcción das diferentes nocións sexuais.
• Permitir comprender os procesos históricos e culturais de construción do coñecemento e a organización sexual e social.
• O coñecemento sexual é eminentemente social.
• A educación sexual que aspire ao cambio social debe incorporar no seu análise a perspectiva de xénero.
• Implica o coñecemento de sí mesmos e sí mesmas, das demáis persoas, e das relacións que se establecen entre ambos nun marco social e cultural concreto.
• As persoas somos suxeitos e obxectos do coñecemento, a diferenza das nocións físicas.
• Incorpora dimensións biolóxicas, culturais, sociais, afectivas, psicolóxicas e morais.
• Caracterízase por ser un coñecemento convencional e arbitrario.
• Non é un coñecemento exclusivamente biolóxico, senón social.
• É necesario considerar os procesos ou vías de discriminación para ofrecer alternativas críticas.
Que pretendemos con estas charlas?
- Favorecer a adquisición das competencias necesarias para que as mulleres e os homes adolescentes logren manexar as súas necesidades afectivas e sexuais.
- Propiciar que os alumn@s se capaciten para que ao longo da súa vida cheguen a desenvolver unha vivencia da sexualidade saudable e gratificante.
- Asumirse positivamente como seres sexuados, comprender axeitadamente o feito sexual humano.
- Cultivar unha ética para as relacións interpersoais e adquirir habilidades para a construción dunhas relacións saudables, satisfactorias, responsables e non discriminatorias por razóns de xénero u orientación sexual.
- En definitiva, a educación afectivo-sexual debe promover unha resolución satisfactoria das súas necesidades de intimidade e vinculación.
- Promover unha cultura da saude sexual que prevenga os embarazos prematuros, as infeccións de transmisión sexual e a violencia de xénero, a través de favorecer o exercicio autónomo e responsable da súa sexualidade.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)
Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es