
O paso de Educación Primaria a Secundaria é un hito na vida dos nosos alumn@s moi importante e que supón importantes cambios. Implica non só un cambio de etapa educativa, senón cambio de asignaturas, de mestres… Na maioría dos casos supón un cambio de centro e convivir con outros alumn@s de maior idade.
Para moitos dos nosos alumn@s e para as súas familias este cambio implica un certo estrés e ansiedade. As veces, o cambio se acompaña de lendas urbanas que pouco teñen que ver coa realidade.
Por ese motivo, lofrecerémoslles unhas pautas aos nosos alumn@s de 6º Educación Primaria para afrontar o cambio de etapa.
O paso de Primaria á ESO ten unha serie de peculiaridades:
- Terán máis asignaturas.
- Terán máis horas de clase.
- Terán un maior número de mestres.
- Convivirán nun mesmo centro con moz@s moito máis maiores que eles, de 18, 19 ou máis anos.
- Para moitos dos nosos alumn@s o inicio desta etapa supón un período de estrés e ansiedade. Diferentes historias e lendas sobre o instituto ou colexio (case sempre froito da súa imaxinación) preocupan antes de comezar.
- Noutros casos lles agobia simplemente o novidoso e descoñecido.
- Estadísticamente está demostrado que o alumnado que leva con éxito os estudos en Primaria, continúa facéndoo en Educación Secundaria.
Dez consellos para os nosos alumn@s e para as súas familias:
Exporemos unha serie de consellos xerais para afrontar o cambio de etapa e os primeiros meses.
1. Elaborar un horario de estudo.
Unha vez que comece o curso, axudade ao voso fill@ a que elabore un horario de adicación aos estudos.
Aínda que se poden contemplar momentos de ocio, sen embargo, ao longo da semana esta terá que ser a actividade principal.
Non só se trata de realizar deberes escolares, tamén terá que adicar tempo a realizar repasos, preparar resumes ou adiantar traballo.
A dedicación diaria e tranquila aos estudos é a mellor medida para previr outro tipo de dificultades. A misión da familia é supervisar esta dedicación e garantizar as condicións axeitadas.
2. Falade sobre os estudos.
Mantede comunicación co voso fill@ sobre os estudos e a vida do instituto ou colexio.
Mellor que interrogalo, estade dispoñibles para que o voso fillo os conte ou planteé preguntas abertas.
Escoitade sen xulgar. Cando os conten alguns sucedidos podedes preguntar: “E ti que pensas diso?” “Que vas facer ti?”
3. Mantede contacto co instituto ou colexio.
Os pais debedes estar informados da marcha do voso fill@ e non esperar aos resultados das avaliacións.
Mantede unha entrevista ao longo de cada trimestre co titor ou titora e acudide sempre que vos chamen. Adoptade as medidas que os aconsellen se fora necesario.
Non vos amosedes á defensiva nin tapedes ao voso fillo cando vos chamen desde o instituto ou colexio. A colaboración entre a familia e o IES ou colexio é indispensable nestas idades: se rompedes relacións cos seus educadores, perderedes un importante aliado na educación do voso fill@.
4. Desconfiade de mensaxes pouco creibles.
As veces os fill@s dan aos pais mensaxes como “non teño nada que estudar”, “non hai exames” ou “todos os compañeiros fan o mesmo”. Non vos deixedes enganar e contrastade a información.
5. Controlade o tempo de dedicación a internet.
Nestas idades pode aumentar significativamente a dedicación a Internet, sobre todo ás redes sociais.
Desde o comezo, marcade uns horarios, unhas normas estrictas sobre o seu uso e supervisadeo. Os abusos neste aspecto, suelen ser o comezo dun fracaso nos estudos.
6. Establecede contratos.
Nalgúns casos, é necesario que negociedes co voso fillo e establezades unha especie de contratos.
Nestes casos, o fill@ poderá disfrutar dunha serie de privilexios si cumple o horario de estudo e obtén resultados axeitados. Entre eses privilexios pode estar o uso do ordenador, o teléfono móvil, etc.
7. Estade informados do seu círculo de amigos.
A partir destas idades o círculo de amigos ten unha gran influencia sobre os adolescentes. O paso á Secundaria é un momento onde se establecen novas relacións.
Estede informados e vixiantes sobre as súas amizades: non sempre son unha influencia positiva.
8. Acordo entre a parella.
O manexo dun fill@ adolescente é especialmente complicado para todas as familias. Que a parella se manteña unida, que faledes sobre o tema e adoptedes as medidas necesarias de mutuo acordo, é clave para afrontar a educación nesta etapa.
Tapar ao fill@ fronte á parella, rompe acordos ou simplemente desentenderse, é unha forma inaxeitada de afrontar esta etapa.
9. Eloxiade e animade ao voso fill@.
Desgraciadamente os moz@s que teñen unha adicación axeitada aos estudos durante a Secundaria, reciben poucos reforzos e estímulos positivos, ao contrario, suelen atoparse con máis problemas e obstáculos que o resto, por cumplir co seu deber.
O apoio da familia, as palabras de ánimo, alento e reforzo serán fundamentais.
10. Estar atentos aos cambios.
Por último, ao comezo da etapa e durante a mesma, é conveniente que estedes atentos a posibles cambios de humor e de conduta no voso fill@.
Cambios bruscos como mal xenio, excesivo nerviosismo, cambios nos seus costumes, poden ser un sinal de alerta.
Nestes casos, no deixedes pasar moito tempo. Abordade o tema en primeiro lugar co voso fill@. Se isto non fora efectivo informádevos a través dos mestres do centro.
Se houbera problemas, pedide axuda a outros especialistas, coma o orientador u orientadora do instituto ou colexio.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es