
A realidade nos amosa que na nosa sociedade existen numerosos problemas relacionados co consumo de drogas por parte dos adolescentes e moz@s. Esta realidade obríganos a ofrecer numerosas respostas, pero a máis axeitada é, sen lugar a dúbidas, a Prevención. Tratamos de evitar o comezo no consumo ou como mínimo retrasar ao máximo a idade deste comezo. Por tanto é importante incidir cada vez a idades máis tempranas xa que sabemos que é en torno aos 11 ou 12 anos cando se producen as primeiras experimentacións con drogas de fácil acceso coma o tabaco, o alcol e últimamente tamén o hachís. Previr é educar, potenciar o desenvolvemento integral da persoa, fomentar a adquisición e desenvolvemento de capacidades para afrontar e resolver situacións que poñen en risco a súa saude.
Reflexións sobre o consumo de drogas en adolescentes:
A aparición de novas drogas e novos patróns de consumo ligados ao ocio do fin de semana espertou na sociedade a necesidade dunha resposta preventiva contundente que propicie a participación do conxunto da sociedade e do sistema educativo. O consumo de drogas repercute na saude e na vida dos consumidores, máis aínda se estes son adolescentes. Entre as consecuencias deste consumo cabe destacar:
• Alteracións do sistema nervoso e de distintos órganos, co conseguinte desgaste e deterioro progresivo da saude e o risco de contraer enfermedades asociadas.
• Incidencia no comportamento do adolescente, ao repercutir negativamente nas súas facultades cognitivas, na súa proxección social e na vontade e enerxía necesarias para desenvolver un proxecto persoal. Con iso se corre o risco de interferir nunha etapa crucial para o desenvolvemento e formación da personalidade adulta.
• Repercusións nas relacións co entorno familiar e social, que propician dificultades de comunicación, tensión familiar, conflito social, accidentes de circulación e outras condutas de risco.
A etapa adolescente suele ser o momento no que se producen os primeiros contactos coas drogas. Diversos estudos evidencian que canto máis temprana é a idade na que se produce esta experimentación máis probabilidade hai de que este consumo remate sendo problemático e o seu abandono sexa máis difícil. Ademáis, os contactos tempranos con substancias como o alcol e o tabaco favorecen que se produza a experimentación con outro tipo de substancias, como os derivados do cánnabis, as drogas de síntese, a cocaína, etc.
Por que se chega a consumir drogas?
O consumo de drogas non é un fenómeno novo, se ben pasou por diferentes etapas nas que variou a súa significación e os seus patróns de consumo. O uso terapéutico, ritual e social restrinxido a determinados contextos e períodos, que se caracterizaba por ser un uso limitado e controlado, derivou nun uso acorde cunha sociedade que ten no consumo de todo tipo de productos un dos seus pilares fundamentais. Existe a idea de que pódese consumir de todo para obtelo todo: sensacións novas, diversión, confort e eliminación do malestar. Tamén podemos observar que determinados valores, anteriormente asociados ao esforzo e as responsabilidades persoais, coma o prestixio, o recoñecemento persoal, a imaxe social, tenden a basarse na actualidade na obtención de bienes estrictamente materiais. As drogas amósanse coma un producto importante dentro desta sociedade de consumo, e a súa utilización se fomenta presentándoas como unha forma fácil e inmediata de obter placer, relaxación, evasión, diversión, facilidade de contacto interpersoal, oposición ao establecido e, en definitiva, calquera mensaxe que logre atraer a atención dos potenciais consumidores. O maior poder adquisitivo da poboación adolescente e moza, debido a unha mellora da economía familiar, permite que ésta acceda a idades tempranas a actividades e ambientes para os cales quizá non acadase a madurez necesaria. É posible que, ao convivir con poboación de idades máis avanzadas e de estilos de vida opostos aos seus modelos de referencia, se enfronte a situacións nas que deba tomar decisións en moitas ocasións pouco meditadas. A familia, por outra parte, ve aumentar as opcións dos mozos, á par que decrece a súa capacidade de por límites e exercer a súa autoridade. Isto produce unha crise que se manifesta nunha elevada tensión e unha gran dificultade para negociar, pactar co adolescente e chegar a establecer un clima de comunicación eficaz con límites que axuden a regular a súa conduta. O adolescente tende a buscar a autonomía e independencia, tan necesarias para a súa afirmación persoal, coa oposición a unha autoridade pouco clara, ás veces permisiva, ás veces intolerante e case sempre protectora. O consumo de drogas permite ao adolescente en moitas ocasións sentirse diferente ao adulto, á par que canaliza o seu desexo de ter experiencias, a súa curiosidade e a súa búsqueda de diversión. O grupo de iguais, formado por persoas que se haxan en situacións moi parecidas, lle permite desenvolver actitudes, valores e estilos de vida propios e á vez compartidos con persoas da súa elección, logrando que se diluya a percepción de risco e a conciencia de responsabilidade, á vez que lle confire unha maior seguridade e apoio. Na adolescencia, o consumo de drogas comeza nun periodo de expansión; o futuro é presente, o importante é o aquí e o agora, o adolescente valora o inmediato, a percepción de risco é moi baixa e o organismo parece poder resistilo todo. Ese sentimento de invulnerabilidade, fai que se infravaloren as probabilidades de sufrir dano físico, así coma os cambios no comportamento. O adolescente está cambiando e en moitas ocasións cóstalle recoñecerse incluso físicamente; cambia de ideas con rapidez, sabe que non é estable, polo tanto os efectos do consumo non teñen connotacións tan negativas ni xeran os temores e preocupacións que poden causar no adulto.
Tipos de factores de risco:
1. Ambientais:
- Dificultade social e económica
- Desorganización comunitaria
- Disponibilidade e accesibilidade ás substancias
- Percepción social do risco
- A movilidade da poboación
- As normas e leis da comunidade
2. Do individuo e as súas relacións co entorno:
- Historia familiar de consumo de drogas
- Pautas educativas
- Actitudes e modelos de conduta por parte dos pais
- Conflitos familiares
- Os valores
- A agresividade
- A búsqueda de sensacións
- O fracaso escolar
Que é a prevención de drogodependencias?
■ É anticiparse á aparición dun problema: significa coñecer cales son os factores que o provocan e intervir sobre eles. No caso das drogodependencias previr significa actuar a múltiples niveis, xa que existen moitos factores que poden favorecer o consumo de drogas, tanto na propia sociedade coma no individuo.
■ É educar, porque trátase de promover o desenvolvemento integral da persoa e de favorecer o seu proceso de maduración, para que o contacto coas drogas, de producirse, non leve ao abuso ou dependencia das mesmas. A escola, polo tanto, ten un importante papel que xogar. Para conseguilo haberá que intervir desde idades tempranas para fomentar estilos e hábitos de vida saudables que actúen como elementos de protección fronte ao uso indebido de substancias.
■ Non é únicamente informar sobre as substancias, os riscos do seu consumo e as súas consecuencias. A información, con ser moi importante, non é suficiente. De feito, moitos programas de prevención baseados na información fracasaron por non contemplar outros elementos importantes que están na raíz do consumo.
■ É fomentar o desenvolvemento de habilidades e recursos persoais que reforcen ao adolescente e lle fagan menos vulnerable fronte ás presións que exerce o entorno para estimular o consumo de substancias (os seus amigos, outras persoas de referencia, os medios de comunicación, a sociedade…).
■ É reforzar a autoestima do neno, a confianza en sí mesmo e a súa capacidade para tolerar a frustración e mellorar o control emocional, de forma que a súa motivación por conseguir metas vaia máis alá do inmediato e permita un esforzo continuado.
■ É fomentar alternativas de ocupación do tempo libre que axuden a escoller estilos de vida saudables, incompatibles co uso de drogas.
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es