Seleccionar página

Inicio    Programas    Charlas     Proxectos   Recursos   Documentos   Novas    Muro   EducaCine   Blog   Quen Somos   Contacto

O papel da escola, xunto co da familia é fundamental no proceso de aprendizaxe do noso alumnado de primaria, son os primeiros núcleos socializadores das persoas. Desta forma nos pais e nas nais se constituen importantes modelos de observación e identificación para os seus fillos e para as súas fillas.

O mesmo acontece nos centros educativos, son espacios moi axeitados para a reflexión individual e colectiva sobre a prevención da violencia, as causas que o producen e as consecuencias que acarrea. Pero, o que é máis importante na escola é que ao alumnado se lle debe trasmitir valores, normas e actitudes que favorezan os comportamentos de respecto aos demáis, o respecto á igualdade e a dignidade das mulleres e a convivencia, sen que teñan cabida as actitudes agresivas nin a violencia. Con estas charlas pretendemos proporcionar ao noso alumnado, unha axuda para favorecer a reflexión e a adopción de comportamentos axeitados para a prevención da violencia no contexto educativo

 Hoxe, máis que nunca, os centros educativos teñen as condicións necesarias para que se produzan estes cambios de mentalidade e actitude, que repercuta en accións positivas que favorezan a igualdade de oportunidades entre sexos. Un traballo axeitado en coeducación, supón abrir as miras na escola e o cambio de mentalidade nos nosos alumn@s . Coeducar é levar á aula, como contidos relevantes, a vida cotiá e as relacións persoais, e introducir a educación en igualdade, así como a educación para a convivencia, co único fin de conseguir unha elevada autoestima, desenvolver a capacidade para analizar os sentimentos e conflitos para poder resolvelos, en definitiva sensibilizar á comunidade educativa para propiciar un cambio de actitudes, comportamentos e contidos encamiñados a erradicar o sexismo na sociedade, e polo tanto a violencia de xénero.

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/suq_0NP_ObE" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O noso Centro:

Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"


Enderezo: Amado Garra nº 2

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto

Departamento Orientación


Teléfono: 986 640 065

eMail: info@acasinadosvalores.es

Share This