
En que consiste o Acoso Escolar ou Bullying?
O acoso escolar é a intimidación e o maltrato entre escolares de forma repetida e mantida no tempo, case sempre lonxe da mirada de persoas adultas, coa intención de humillar e someter abusivamente a unha persoa indefensa por parte dunha persoa acosadora ou dun grupo mediante agresións físicas, verbais e sociais coa consecuencia de temor psicolóxico e rexeitamento grupal.
Cales son as súas características?
• Se acosa a alguen por ter un rasgo característico persoal ou peculiar (alumnado recén incorporado, doutra cultura, con defecto o un aspecto físico diferente…), ou por calquera outra razón.
• Quen o sofre está en situación de inferioridade e ten como consecuencia un deterioro na súa integridade e sentimentos de inseguridade.
• É un tipo de violencia difícil de identificar. Permanece oculta case sempre para as persoas adultas, pero é ben coñecida polo alumnado.
• O acoso pode ser físico, psicolóxico ou relacional.
• Debe existir intencionalidade de facer dano por parte da persoa ou grupo que agrede.
• Se aprecia unha reiteración dos comportamentos abusivos ao longo do tempo.
• Hai desequilibrio e abuso de poder que impide que a persoa acosada poida sair por sí mesma da situación.
En que lugares suele ocurrir?
• Durante o recreo e patios;
• Na fila;
• En baños, corredores…;
• Na aula, cando a mestra ou o mestre se volven cara á pizarra para dar unha explicación, mentras se atende a algunha alumna ou alumno;
• Nos cambios de clase;
• No comedor;
• No transporte escolar;
• Á entrada ou saida do centro;
• No exterior do centro;
• A través do móvil (mensaxes, chamadas anónimas…);
• Por Internet, a través de redes sociais, chats e correos electrónicos.
Cales son as sinais de alerta?
1. De quen sofre o acoso:
• Faltas de asistencia recurrentes / absentismo grave.
• Descenso do rendemento escolar.
• Dificultade de concentración.
• Sentimentos de culpa.
• Asunción de responsabilidade dos feitos.
• Síntomas depresivos: irritabilidade, insomnio, pesadelos, falta de apetito.
• Apatía.
• Condutas de ataque. Agresividade/baixo autocontrol.
• Condutas de fuxida e evitación.
• Síntomas somáticos de ansiedade: síntomas gastrointestinais, malestar xeralizado, cansanzo e rixidez
• Síntomas psicolóxicos e emocionais de ansiedade: inquietude, nerviosismo, pesimismo, aprensión, sensación de tensión, fatigabilidade…
• Medo/síntomas de pánico: (temblores, palpitacións, sensación de afogo…).
• Medo á perda de control.
• Medo a estar so ou soa.
• Indefensión.
• Ideas autolíticas, ameaza de suicidio e intento de suicidio.
• Aillamento con respecto aos seus iguais.
• Negación dos feitos ou incongruencias.
• Labilidade emocional: llanto incontrolado, respostas emocionais extremas. muscular, opresión no peito, sensación de afogo, mareos, dores de cabeza …
2. A quen acosan:
• Agresividade verbal e física.
• Insultos.
• Ameazas.
• Baixo autocontrol.
• Impulsividade.
• Conduta violenta.
• Abuso de poder.
• Acoso psicolóxico.
• Acoso sexual.
• Agresións contra a propiedade.
• Linguaxe corporal: miradas e xestos de rexeitamento.
• Coaccións
3. No grupo de iguais:
• Colaboran no acoso.
• Graban agresións.
• As aproban coa súa presenza.
• Reforzan a conduta de quen acosa.
• Ignoran e aíllan.
Como debe actuar o profesorado?
1. Con quen sofre o acoso:
• Escoitar e crer o que conta quen padece o acoso.
• Porse no lugar da persoa que sofre o acoso.
• Coñecer os seus sentimentos sobre a situación que sofre.
• Fomentar sentimentos de esperanza sobre a situación e manifestarlle que se lle axudará.
• Manter a confidencialidade.
• Axudar no proceso de reparación do dano e do perdón.
• Vixiar para que non se repitan esas situacións.
• Nomear a unha mestra ou mestre para garantizar o acompañamento, titor ou titora afectiva …
2. Coa familia de quen sofre o acoso:
• Tranquilizar.
• Apoiar (deben sentir o acompañamento do profesorado, evitando que sintan impotencia ou indefensión).
• Porse no lugar da familia da persoa que padece esta situación.
• Convencer sobre as medidas máis axeitadas para a situación.
• Informar ás familias da existencia de: – Dispositivos de axuda. – Pautas de intervención familiar. – Medidas para deter a situación de acoso dentro e fora do centro.
• Transmitir que a responsabilidade de deter a situación de acoso é colectiva (profesorado, familia, alumnas e alumnos, outros profesionais).
• Manter a comunicación sobre as medidas que se van adoptando e os seus resultados.
• Atenuar os sentimentos de culpa sobre a situación e non fomentar a carga de responsabilidades (nin cara aos integrantes desa familia nin cara a persoa que exerce a violencia e a súa familia).
3. Coas familias de quienes supuestamente acosan :
• Manter unha actitude de escoita.
• Non culpabilizar nin xulgar.
• Solicitar colaboración para frear o acoso.
• Pedir confidencialidade entre as familias e coa súa filla ou fillo.
• Non promover o castigo.
• Explicarlles as medidas que se van aplicar no centro con cada unha das partes.
• Pedirlles que se poñan no lugar da familia de quen sofre o acoso.
• Informar á familia periódicamente dos resultados e das medidas que se adoptan.
4. Con quienes practican o acoso:
• Falar por separado con cada unha das persoas implicadas.
• Seguir o método de non inculpación.
• Manter a confidencialidade (obtívose a información doutras fontes).
• Fomentar a responsabilidade de reparar o dano causado.
• Promover que se comprometa a solucionar a situación.
• Buscar a participación do alumno ou da alumna na búsqueda de solucións.
• Non implicar e evitar nomear a quen sufre o acoso.
• Realizar un seguemento con cada alumna ou alumno implicado durante varias semanas.
5. Co grupo de iguais:
• Falar con cada unha das partes por separado, mantendo a confidencialidade.
• Escoller axudantes de grupo.
• Fomentar a práctica de actividades grupais de prevención do acoso escolar.
• Promover a responsabilidade do alumnado para comentar ao profesorado as agresións e a colaboración, tanto ante as situacións de acoso como para a reparación do dano
O noso Centro:
Colexio Plurilingüe "La Inmaculada"
Enderezo: Amado Garra nº 2
36860 Ponteareas (Pontevedra)

Contacto
Departamento Orientación
Teléfono: 986 640 065
eMail: info@acasinadosvalores.es